Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios
O alfabeto '''rúnico''' foi creado por falantes de dialectos de linguas xermánicas co fin de escribiren as súas linguas. Se ben algúns eruditos pretenden que a orixe das runas estaría no [[alfabeto grego]] (Morris in Odenstedt 359) ou no [[alfabeto latino|latino]] (Odenstedt 362) a maioría dos eruditos consideran que este alfabeto é unha mestura con diversas orixes.
 
Seebold<sup>5</sup>, Krause<sup>3</sup>, Jensen (571) e Coulmas (1996: 444 ss.) pensan que o alfabeto rúnico é unha mestura de alfabetos noritálicos/[[alfabetos alpinos|alpino]] cunha influencia latina.
 
Este pensamento maioritario é máis realista que as explicacións fornecidas por Morris e Odenstedt.
[[Ficheiro:Ög165 Runsten vid Vårfrukyrkan, Skänninge.jpg|miniatura|dereita|200px|Pedra con runas, # Ög165, no exterior da igrexa de [[Vårfrukyrkan]], [[Skänninge]], [[Östergötland]], [[Suecia]].]]
As runas utilizábanse ordinariamente para inscricións en madeira, metal ou pedra. As runas consistían principalmente en marcas verticais e diagonais, con menos marcas horizontais ou curvadas (algunhas versións das runas non teñen ningunha).
O trazado das runas axudaba á súa gravación na madeira.
 
As runas máis antigas que chegaron ata nós datarían do ano [[200]], e normalmente acéptase que non se inventaron antes do ano [[1]]. Esta runas primitivas (ata máis ou menos o ano [[650]]) parecen empregar o mesmo futhark de 24 runas. A maioría destas inscricións son moi curtas e incomprensíbeis, e en case que todos os casos son difíciles de traducir e de estarmos seguros de en que lingua concreta están redactadas. A maioría des runas conservadas están en pedra, porén existen algúns fragmentos en madeira, cortizo e óso, e algunhas en [[pergameo]], sendo o máis famoso o ''[[Codex Runicus]]''.
 
75 letras rúnicas, 3 signos de puntuación, e outros 3 símbolos empregados no [[calendario]] [[Escandinavia|escandinavo]].
 
 
{| border="1" cellspacing="0" cellpadding="2" style="margin:0.2em; float:left;border-collapse: collapse;"
| ᛰ || &amp;#x16F0; || Símbolo Belgthor (Número de ouro 19)
|}
<br {{clear="all">}}
----
A seguinte liña ha aparecer en caracteres rúnicos se o soporta o navegador de Internet: ''(gravada sobre a [[Gran pedra de Jelling]])''<br />
* ᛡᛅᚱᛅᛚᛏᚱ ᛁᛅᛋ ᛋᚫᛣ ᚢᛅᚾ ᛏᛅᚾᛉᛅᚢᚱᚴ ᛅᛚᛅ ᛅᚢᚴ ᚾᚢᚱᚢᛁᛅᚴ ᛅᚢᚴ ᛏᛅᚾᛁ ᚴᛅᚱᚦᛁ ᚴᚱᛁᛋᛏᚾᚫ
* haraltr ias sar uan tanmaurk ala auk nuruiak auk tani karTi kristna
380.827

edicións