393.002
edicións
Sem resumo de edição |
m (Arranxos varios) |
||
Unha '''adiviña''' é unha pregunta enxeñosa ou un enigma. É un [[xogo]] que consiste en procura-la resposta á pregunta ou encontrar o sentido oculto dunha [[frase]].
Moitas veces as adiviñas teñen unha rima interna e cóntanse ós nenos para estimular a súa agudeza. As adiviñas tradicionais forman parte da [[literatura oral]] dunha [[lingua]].
Un exemplo de adiviña popular galega é:
Recollidas por don Nicanor Rielo Carballo<ref>{{Cita libro|título=Escolma de Carballedo|apelidos=Rielo Carballo|nome=Nicanor|editorial=Ed. Castrelos|ano=1976|ISBN=84-7041-041-5|ref=}}</ref>
{{Cita|1-Alto me vexo no laperexo, ben vexo vir e non podo fuxir.
2-Bótesme tarde, bótesme cedo, ata o maio, non me ves o pelo.
3-Catro corremontes, catro cichafontes, un dálle dálle, e dous tuturulús
4-Cen redondiños e un redondón, un saca saca e un quita pon
5-Dúas nais e dúas fillas, cubertas con tres mantillas e ningunha vai sen ela aínda que son tres prendas
6-Dúas peludas, un pelado e un cálcalle no rabo
7-Embaixo da terra, nun burato metida, ten barbas e non cara, dentes e sen boca, cabeza e sen pés e ti que tanto sabes, adiviña o que é
8-Entre dous puños brancos hai unha flor amarela, que se pode presentar diante do rei e da reina
9-Foliquiño andaba buscando, o rabo largo estaba mirando e se non fora polo buratiño, o que sería do pobre Foliquiño
10-Miña nai é tartamuda, meu pai é cantador, teño un vestido branco e marelo o corazón
11-Que cousa é, que cousa non é, cando vai para o monte vai enguruñada, e cando vén para a casa vén estarricada
12-Teño uns tríngulis míngulis colgados da barriga, teño libras, teño cuartas e en min todos se fían
13-Unha vez, a ver se adiviñas, debaixo do pinguín que pingaba estaba o roncón que roncaba e veu o fungón que fungaba, e o demo do fungón que fungaba
== Notas ==
{{Listaref|02}}
[[Categoría:Xogos]]
|