Wikipedia:Taboleiro dos administradores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xelo2004 (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Glosario de aves
Liña 95:
Fixen uns cambios no artigo [[Quebraosos]], entre outro introducir unha "referencia". O caso é que algo tiven que facer mal porque desapareceu todo o texto posterior a esta nota, aínda que se se edita, este texto desaparecido está aí. A ver se alguén fai por recuperalo. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] 22:00, 27 agosto 2007 (UTC)
*Xa está. Hai que pór <nowiki></ref></nowiki> e non <nowiki><ref/></nowiki>. Saúdos. [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 22:03, 27 agosto 2007 (UTC)
 
== Glosario de aves ==
 
Ben. Xa está metido todo o que puiden atopar dos nomes das aves galegas. Agora presento dúas propostas:
* Nomear esta páxina como "Lista de aves ¿galegas/en Galicia?" [eu prefiro "en Galicia] xa que é isto non é realmente un "Glosario".
* Elimina-la columna de "imaxes" coas referencias a Commons. Porque engorda demasiado a páxina e a fai de difícil lectura ó ter que move-la barra, e porque o seu sitio (o sitio da referencia a Commons) xa está -e é onde debe estar- na páxina de cada ave. Eu faríao sen recorrer a esta votación, pero alguén levou o traballo de meter moitas referencias e parece pouco procedente que agora veña eu a borralas, sen máis.
 
E un traballo pendente que deixo aí para quen saiba e queira facelo: hai que iguala-lo ancho das columnas para que queden todas iguais nas diferentes seccións. Xelo xa empezou a facelo e supoño que sabe ben o que quero dicir, pero hoxe, tal como está o patio, dáme medo insinuar nada ;), non sexa o demo. Claro que antes de meterlle man haberá que decidir se borramos ou non esa columna de "imaxes".
 
Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] 23:13, 29 agosto 2007 (UTC)