Fauna de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Encauzar > encamiñar.
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 55:
Durante as décadas dos [[1980|80]] e [[1990|90]], a desidia e a falta de compromiso do goberno autonómico e das autoridades competentes levaron á extinción ao [[arao dos cons]] e maila [[pita do monte]].<ref name=Extgh>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=217278 En perigo varias especies de aves en hábitats de Galicia] Galicia-hoxe.com, Consultada o 29/07/09</ref> Na actualidade existen varias especies que corren a mesma sorte e que se atopan en grave risco de desaparición. Estas son o [[corvo mariño cristado]], o [[mazarico real]],<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=blogsection&id=20&Itemid=63&idMenu=37&idNoticia=123953 Peligran 25 especies animales] Elcorreogallego.es 14/01/2007, Consultada o 28/07/09</ref> o [[sisón]], a [[aguia real]], a [[perdiz charrela]], o [[alcaraván]] e a [[avefría]], entre outras aves.<ref name=Extgh/>
 
No caso do corvo mariño cristado, estanse repetindo as mesmas causas que levaron a unha poboación de 3.000 parellas de arao nos anos [[1960|60]],<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=326|id=ISBN 84-87674-06-2}}</ref> á completa extinción a comezos do [[século XXI]]. Entre estas causas atópanse a mortandade directa producida por mor das [[marea negra|mareas negras]] (véxase afundimento do [[Prestige]]), as capturas accidentais producidas polos trasmallos e a [[sobreexplotación]] dos caladoiros. No tocante ao resto das [[aves]], estase producindo exactamente o que levou á pita de monte á extinción. A falta de protección das especies e dos seus hábitats está facendo que as súas poboacións atópense cada vez máis fragmentadas ata niveis que, sen un plan urxente de recuperación, fan inevitable a súa [[extinción]].
 
== Anfibios e réptiles terrestres ==