Xustaposición: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''xustaposición''' é, xunto coa [[Coordinación (gramática)|coordinación]] e a [[subordinación]], un dos tres procedementos para combinar sentenciassentenzas ou frases e pór de relevo unha relación sintáctica entre elas. Así mesmo, a xustaposición é unha das formas de creacións de palabras xunto coa [[sinapsia]], a [[disxunción]], a [[contraposición]] e a [[derivación (lingüística)|derivación]]. Algúns exemplos son ''menosprezar, malfeitor ou pasatempo''.
Ao respecto de xustaposición como sistema combinatorio de oracións, a diferenza dos outros procedementos, non precisa de [[nexo]]s, senón de pausas ou signos gráficos de puntuación na lingua [[escrita]] para relacionar dúas proposicións. Se cadra, isto outórgalle un certo carácter de ambigüidade e se presta a posíbeis malas [[Interpretación (comunicación)|interpretación]]s por parte do ouvinte. Un exemplo de frase xustaposta é:'' Chovía a cachón'' + ''Non saímos dar o paseo'' = ''Chovía a cachón; non saímos dar o paseo''.