Diferenzas entre revisións de «Miguel Anxo Araúxo Iglesias»

 
=== Escritor e tradutor ===
Foi un gran impulsor dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do [[Misal romano]] ao galego. Traballou tamén na versión dos [[Rituais sacramentais]] e preparou un [[devocionario]] popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como ''[[La Voz de Galicia]]'' ou ''[[La Región]]'' e revistas como ''[[Revista Irimia|Irimia]]'', ''[[Encrucillada]]'', ''[[Raigame]]'' ou a ''[[Revista de Estudios Mindonienses]]''.
 
O [[30 de maio]] de [[1980]] ingresou na [[Real Academia Galega]] para ocupar a cadeira que deixara vacante [[Ramón Otero Pedrayo]], cun discurso titulado ''A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais'', que foi respondido por [[Ramón Piñeiro]].
187.610

edicións