Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Historia: arranxiño
A [[Monarquía Católica]] (tamén coñecida como Monarquía Hispánica) foi durante toda esa época a maior potencia de [[Europa]]. Durante os chamados '''Austrias maiores''' ([[Carlos I de España|Carlos V]] e [[Filipe II de España|Filipe II]]) alcanzou o apoxeo da súa influencia e poder, sobre todo coa incorporación de [[Portugal]] e [[Imperio Portugués|o seu extenso imperio]]; mentres que os reinados dos chamados '''Austrias menores''' ([[Filipe III de España|Filipe III]], [[Filipe IV de España|Filipe IV]] e [[Carlos II de España|Carlos II]]), coincidentes co mellor do [[Século de Ouro]] das artes e as letras, significaron o que se coñece como "decadencia española": a perda da hexemonía europea e unha profunda crise económica e social.
 
A supremacía marítima española no [[século XVI]] foi demostrada coa vitoria sobre os [[Imperio Otomán|otománs]] en [[Batalla de Lepanto|Lepanto]] (en [[1571]], (máis importante simbolicamente que polas súas consecuencias) e, despois do contratempo da [[Armada Invencible]] ([[1588]], de consecuencias tamén sobrevaloradas) nunha serie de vitorias contra [[Reino de Inglaterra|Inglaterra]] na [[Guerra anglo-española de 1585-1604]]. Con todo a mediados do [[século XVII]] o poder marítimo da casa dos Austria sufriu un longo declive con derrotas sucesivas fronte ás [[Provincias Unidas]] e despois Inglaterra; durante os anos 1660 estaba loitando desesperadamente para defender as súas posesións exteriores de [[pirata]]s e [[corsario]]s. No continente europeo os Habsburgo de Madrid involucráronse na defensa dos seus parentes de Viena na longa [[Guerra dos Trinta Anos]], que aínda que comezou con boas perspectivas para as armas españolas, terminou catastroficamente tras a [[crise de 1640]], coa sublevación simultánea de Portugal (que se separou definitivamente), [[Principado de Cataluña|Cataluña]] e [[Reino de Nápoles|Nápoles]]. Na segunda metade do século XVII os españois foron substituídos na hexemonía europea pola [[Francia]] de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]].
 
== Os inicios do imperio (1504-1521) ==
99.741

edicións