Barbeito (terra): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 14:
 
== Historia ==
Xa nas [[Amazonia|rexións amazónicas]] e [[Andes|andinas]] utilizábase como parte do traballo agrícola para deixar "descansar" a terra e que non se [[sobreexplotación|sobreexplotase]]. En Europa comezou a ser habitual na [[Idade Media]], onde as terras de labranza se cultivaban cunha periodicidade na que se alternaba o descanso e cultivo, facendo que en épocas de descanso se traballase co [[arado]] practicando o barbeito: unha parte de terras de cultivo se deixaba sen cultivar mais se pasaba o arado, arrincando deste xeito as herbas bravas (que á súa vez servían coma fertilizante) e aumentando a humidade, de forma que a terra recuperase [[mineral|minerais]] que se perderan durante o cultivo.
 
Aínda hoxe en día é practicada por centos de comunidades indíxenas en rexións tropicais. A presión sobre a terra, a partir da [[agroindustria]], presiona cada vez máis a estas comunidades para desleixar esta práctica histórica de equilibrio no uso do recurso terra.