Lenin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (18)
m Bot: Cambios estética
Liña 234:
Durante os seguintes tres días,<ref>{{cita Harvard|Rice|1990|sp=si|p=9}}</ref> ao redor dun millón de doentes de toda a [[Unión Soviética]] chegaron para ver o corpo, facendo cola durante horas con [[temperatura]]s [[Grao Celsius|baixo cero]]. O evento foi filmado polo goberno. O sábado [[26 de xaneiro]], o undécimo [[Congreso dos Soviets de Todas As Rusias|Congreso Panruso dos Soviets]] xuntouse para presentar os seus respectos ao falecido líder, con discursos de [[Mikhail Kalinin|Kalinin]], [[Grigori Zinoviev|Zinoviev]] e [[Stalin]], e coa destacada ausencia de [[Trotski]], quen estaba convalecente no [[Cáucaso]]. O funeral de Lenin tivo lugar ao día seguinte. O seu corpo foi levado á [[praza Vermella]] acompañado por música marcial, mentres as multitudes escoitaban unha serie de discursos, seguido polo canto do himno revolucionario "''Caeu en sacrificio''".
 
Tres días despois da súa morte<ref>{{cita libro|autor=Panchenko , Aleksandr Mikhaylovich|título=О русской истории и культуре|título-trad=Sobre a historia e cultura rusas|editor=Azbuka|localización=San Petersburgo|ano=2003|páxina=433|lingua=ruso}}</ref> a cidade de [[Petrogrado]] foi renomeada na súa honra como [[Leningrado]], permanecendo así até [[1991]] cando se disolveu a [[Unión Soviética]]. Porén, a área administrativa segue a chamarse aínda hoxe "[[Óblast de Leningrado]]". Na década de [[1920]], o cosmismo era tan popular que Leonid Krasin e Alexander Bogdanov propuxeron preservar [[criónica|crionicacrionicamente]]mente a Lenin para unha futura resurrección, con todo, a pesar de que se mercou o equipo necesario, non se chegou a facer. Pola contra, hoxe o seu corpo atópase embalsamado e exposto de permanentemente no Mausoleo de Lenin en [[Moscova]], onde permanece dende o [[27 de xaneiro]] de [[1924]].
 
== Política e revolución mundial ==
Liña 468:
 
{{ORDENAR:Lenin, Vladimir}}
 
[[Categoría:Presidentes de Rusia]]
[[Categoría:Presidente do Consello de Comisarios do Pobo]]