Emperador, emperatriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos
Liña 23:
A chegada de [[Napoleón Bonaparte]] cambiaría as cousas. Durante o [[Século XVIII]] producírase un forte renacemento do clasicismo romano ([[Neoclasicismo]]), que vinculara á idea de que a [[Razón]] había superar o escurantismo que se identificaba coa [[Idade Media]]. No político (e tamén no artístico), Napoleón tratou xustamente de regresar ao modelo imperial romano, polo que se transformou en cabeza dun goberno directorial á maneira romana: o [[Consulado (Francia)|Consulado]]. Napoleón finalmente mandou chamar mediante presións e ameazas ao Papa [[Pío VII]] para coroarse Emperador na [[Catedral Notre Dame de París]], o ano [[1804]]. Non obstante, no momento decisivo e nun xesto de orgullo, Napoleón arrebatou ao Papa a coroa imperial, e cinguiuna el mesmo, como un xesto segundo o cal el mesmo se facía o home máis poderoso da Terra. Con todo, aínda seguía existindo o Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, daquela [[Francisco II]], quen optou por renunciar ao seu título en [[1806]] e adoptar o de Emperador de [[Austria]] co nome de [[Francisco I de Austria|Francisco I]].
 
O xesto de Napoleón non só foi cualificado como unha usurpación por parte dun recentemente chegado sen títulos legais nin xurídicos para a súa acción, senón que ademais abriu a espita para outros que actoa seguidoseguir se proclamaron Emperadores nos máis curiosos lugares da terra. Desta maneira, en [[Haití]] reinaron os Emperadores [[Xacobo I de Haití]] (1804-1806) e [[Faustino I]] (1847-1859). En [[México]], o xeneral [[Agustín de Iturbide]] proclamouse como Emperador [[Agustín I]] en [[1821]], malia que sería derrocado ao ano seguinte; en [[1864]] asumiría [[Maximiliano I de México|Maximiliano I]] en México, entronizado polos exércitos de [[Napoleón III]], e duraría en funcións ata ser fusilado en [[1867]]. Ao ano seguinte que Agustín Iturbide, en [[1822]], proclamouse o Imperio de Brasil, con [[Pedro I de Brasil]] como Emperador; este duraría ata a proclamación da República en [[1888]]. En [[1871]] o Rei Guillerme de [[Prusia]], despois da [[Guerra franco-prusiana]], e considerándose lexítimo herdeiro do Sacro Imperio Romano Xermánico (que seguía existindo xuridicamente baixo a forma de [[Imperio Austrohúngaro]], ao cal os propios prusianos derrotaran militarmente en [[1866]]), proclamouse Emperador de [[Alemaña]]. E en [[1976]] o xeneral africano [[Jean-Bédel Bokassa]] (admirador de Napoleón Bonaparte) transformou a [[República Centroafricana]] en [[Imperio Centroafricano]], e el mesmo proclamouse [[Bokassa I]] nunha desmesurada cerimonia; este ditador duraría ata [[1979]], ano en que foi derrocado por unha sublevación popular.
 
Na actualidade, o único gobernante do mundo que conserva o título de Emperador é o do [[Xapón]].