Produción de cinema: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
En moitos aspectos a súa tarefa superponse estreitamente coa da dirección, en especial no control do [[elenco]] e da selección do equipo técnico e artístico ([[dirección de fotografía]], [[montaxe]], persoal de [[efectos especiais]], [[dirección artística]], [[composición musical|composición]] etc.) que colaborarán na produción; estas atribucións significaron que durante os primeiros anos da industria cinematográfica de [[Hollywood]] a produción fose en gran medida a parte responsábel da estética e do contido dos seus produtos. Un caso famoso foi o de [[Howard Hughes]], quen exerceu un férreo control sobre os directores que contrataba, aínda que este tipo de relación fose frecuente no chamado ''[[sistema de estudos de Hollywood]]'', vixente até finais da década de 1950.
 
Coas crecentes necesidades de financiamento e ''[[marketingmercadotecnia]]'' provocadas pola renovación da industria nos anos [[1980]], a produción volveu cobrar un papel importante, e algúns deles (como [[Jerry Bruckheimer]]) son figuras tan identificábeis como calquera director polas características das súas producións.{{Cita requerida}}
 
Os termos "produtor" e "produtora" utilízanse indistintamente para designar tanto a figura do empresariado cinematográfico como a das profesionais encargadas de liderar a produción dunha película. Nalgunhas ocasións estas dúas figuras son coincidentes na mesma persoa, pero noutros casos contrátase outra persoa, delegando nela a responsabilidade.