Adalberto de Kent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (5)
Servando2 (conversa | contribucións)
formato
Liña 1:
'''Aethelberht''' (tamén ''Æthelberht''), nado cara ao [[560]] e finado o [[24 de febreiro]] de [[616]], foi [[Reino de Kent|rei de Kent]] desde arredor do ano 558 ou 560 (a data máis temperá segundo Sprott, a última segundo William de Malmesbury) ata a súa morte.

== Traxectoria ==
[[Beda]], o monxe do séxulo VIII, na súa ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|Historia Eclesiástica do pobo inglés]]'', lista a Aethelberht como o terceiro rei en exercer o ''imperium'' sobre outros reinos [[anglosaxóns]]. A ''[[Crónica anglosaxoa]]'' de finais do século IX cualifícao de ''"bretwalda"'', ou "gobernante de Bretaña". Foi o primeiro rei inglés convertido ao [[cristianismo]].
 
Aethelberht era fillo de Eormenric, e sucedeuno como rei, segundo a ''Crónica.'' Casou con Berta, a filla cristiá de [[Cariberto I|Cariberto]], rei dos [[francos]], facendo así unha alianza co estado máis poderoso da [[Europa Occidental]] de entón; o matrimonio probablemente constituíuse antes de Aethelberht ascender ao trono. A influencia de Berta puido facer que o papa [[Gregorio I, papa|Gregorio I]] decidise enviar a [[Agostiño de Canterbury|Agostíño]] como misioneiro desde Roma. Agostiño desembarcou na Illa de Thanet, na parte oriental de Kent, en 597. Pouco despois, Aethelberht converteuse ao cristianismo, establecéronse igrexas, e comezou no reino unha conversión masiva. Aethelberht proporcionou terras en [[Canterbury]] á nova misión non só para o que sería coñecido como a [[Catedral de Canterbury]] senón tamén para o que finalmente sería a Abadía de Santo Agostiño (St. Augustin's Abbey).
Liña 5 ⟶ 8:
A lei de Aethelberht para Kent, o código escrito máis antigo nunha [[Linguas xermánicas|lingua xermánica]], instituía un complexo sistema de multas. Este pódese atopar no ''Textus Roffensis'' (c. 1120). Kent era rico, con fortes lazos comerciais co continente, e Aethelberht quizais instituira un control real sobre o comercio. Durante o seu reinado, por primeira vez despois da invasión anglosaxoa, as moedas empezaron a circular en Kent. Aethelberht foi canonizado polo seu papel no establecemento do cristianismo calcedónico entre os anglosaxóns, ao que adherían a súa muller e a súa filla. A súa [[Santoral|festa]] na [[Igrexa Ortodoxa|Igrexa Ortodoxa Oriental]] e na [[Igrexa Católica|Igrexa Católica Romana]] orixinalmente era o 24 de febreiro, mais foi mudada ao 25.
 
=== Contexto histórico ===
[[Ficheiro:England_green_top.svg|dereita|miniatura|O estado da Inglaterra [[Anglosaxóns|anglosaxoa]] cando Aethelberht ascendeu ao trono de Kent.]]
 
Liña 16 ⟶ 19:
As fontes para coñecer este período da historia de Kent inclúen a ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|Historia eclesiástica do pobo inglés]]'', escrita por [[Beda]], un monxe de Nortumbria, en 731[[Monxe|.]] Beda interesouse principalmente na cristianización de Inglaterra. Como Aethelberht foi o primeiro rei anglosaxón convertido ao [[cristianismo]], Beda proporciona información máis substancial sobre el que sobre calquera rei anterior. Un dos informantes de Beda foi Albino, abade do mosteiro de San Pedro e San Paulo (despois renomeado Santo Agostiño) en [[Canterbury]]. A ''[[Crónica anglosaxoa]]'', unha colección de anais reunidos arredor de 890 no reino de [[Wessex]], menciona varios acontecementos en Kent durante o reinado de Aethelberht.<ref name="Yorke_25">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 25.</ref> Máis mencións de acontecementos en Kent aparecen na historia dos [[francos]] escrita por [[Gregorio de Tours]], de finais do século XVI. Esta é a fonte conservada máis antiga entre as que mencionan un reino anglosaxón.<ref name="Kirby_30">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 30.</ref> Algunhas cartas do Papa [[Gregorio I, papa|Gregorio o Grande]] tratan a misión de [[Agostiño de Canterbury|Santo Agostiño]] en Kent en 597; estas cartas tamén mencionan o estado de Kent e as súas relacións cos seus veciños. Outras fontes inclúen listas dos reis de Kent e estatutos máis antigos (sesións de terra de reis aos seus seguidores ou á igrexa). A pesar de que non fica ningún orixinal do reinado de Etelbero, hai copias máis tardías. Tamén existe un código legal do seu reinado.<ref name="Yorke_25"/>
 
=== Liñaxe, ascenso ao trono, e cronoloxía ===
Segundo Beda, Aethelberht descendía directamente de Hengist. Beda da a seguinte liñaxe: "Aethelberht era fillo de Irminric, fillo de Octa, e despois do seu avó Oeric, cuxo alcume era Oisc, os reis do pobo de Kent xeralmente coñecéronse como Oiscing. O pai de Oeric era Hengist."<ref name="Bede_112">Bede, ''Ecclesiastical History'', Book II, Ch. 5, from Sherley-Price's translation, p. 112.</ref> Unha xenealoxía alternativa que se atopa na ''[[Historia Brittonum]]'' entre outras fontes, inverte a orde de Octa e Oisc na liñaxe.<ref name="Yorke_26"/> O primeiro destes nomes que se pode localizar historicamente de xeito confiable é o do pai de Aethelberht, que hoxe normalmente se escribe Eormenric. A única referencia escrita de Eormenric está nas xenealoxías de Kent, mais Gregorio de Tours si menciona que o pai de Aethelberht era o rei de Kent, aínda que non dá ningunha data. O nome Eormenric proporciona pode establecer unha relación coa outra beira do Canal da Mancha; o elemento "Eormen" era raro nos nomes da aristocracia anglosaxoa, mais moito máis común entre os nobres francos.<ref name="Yorke_28">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 28.</ref>
 
Liña 33 ⟶ 36:
Mentres todas as devanditas contradicións non se poidan reconciliar, a datas mais probables que se poden esbozar a partir das que se dispón, sinalan o ano do nacemento de Aethelberht arredor de 560 e, quizais, para o seu matrimonio con Berta, 580. O máis probable é que o seu reinado comezara en 589 ou 590.<ref name="Kirby_31"/>
 
=== O reinado conxunto ===
A historia posterior de Kent mostra evidencia clara dun sistema de reis conxuntos, co reino dividido nun Kent oriental e un Kent occidental, aínda que parece que xeralmente había un rei dominante. Esta evidencia é menos aclara respecto ao período anterior, mais hai estatutos antigos, que se saben falsificados, os cales, con todo, suxiren que Aethelberht gobernou como rei conxunto co seu fillo, Eadbald. Pode ser que Aethelberht fora rei de Kent oriental e Eadbald convertérase en rei de Kent occidental; na historia posterior de Kent, o rei oriental parece ser xeralmente o gobernante dominante. Xa fose que Eadbald se convertera ou non nun rei conxunto, non hai dúbida de que Aethelberht tivo autoridade sobre todo o reino.<ref name="Yorke_3234">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', pp. 32–34.</ref>
 
Liña 40 ⟶ 43:
As cidades principais dos dous reinos foron Rochester, no Kent occidental, e Canterbury, no Kent oriental. Beda non sostén que Aethelberht tivera un pazo en Canterbury, mais refírese a Canterbury como "metrópole" de Aethelberht, e fica claro que era a súa sede.<ref name="Yorke_3234"/><ref name="Campbell_TAS_38_2">Campbell et al., ''The Anglo-Saxons'', p. 38–39.</ref>
 
=== Relacións cos francos ===
[[Ficheiro:Aethelberht_of_Kent_sculpture_on_Canterbury_Cathedral.jpg|right|miniatura|Escultura do rei Aethelberht, rei anglosaxón e santo, na Catedral de Canterbury, Inglaterra.]]
Hai moitas probas de relacións estreitas entre Kent e os francos. O matrimonio de Aethelberht e Berta certamente vinculou as dúas cortes, aínda que non como iguais: os francos considerarían a Aethelberht un rei menor. Non hai ningún rexistro de que Aethelberht aceptara xamais a un rei continental como o seu soberano e, polo tanto, os historiadores están divididos sobre a natureza certa da relación. As probas dunha soberanía explícita dos francos sobre Kent vén dunha carta escrita polo Papa Gregorio o Grande a [[Teodorico II, rei franco|Teoderico]], rei de [[Orleáns]], e [[Teodeberto II|Teudeberto]], rei de [[Metz]]. A carta trata a misión de Agostiño en Kent de 597, e nela Gregorio di crer "que vos desexades que os vosos súbditos en cada aspecto se convertan a aquela fe na que vos, os seus reis e señores, vos sostedes". Pode ser que isto, máis que unha descrición da relación entre os reinos, fora un cumprimento papal. Tamén suxeríuse que Liudhard, o capelán de Berta, fora considerado un representante da igrexa franca en Kent, o que tamén se pode interpretar como proba de soberanía..<ref name="Stenton_59">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', pp. 59–60.</ref><ref name="Kirby_34">Kirby, ''Earliest English Kings'', pp. 34–35.</ref>
Liña 48 ⟶ 51:
Independentemente da relación política entre Aethelberht e os francos, hai probas abundantes de fortes conexións entre as dúas beiras do Canal da Mancha. Había un comercio suntuario entre Kent e os francos, e os artefactos funerarios achados inclúen roupa, bebida e armas que reflicten a influencia cultural franca. Os enterramentos de Kent teñen unha variedade máis grande de bens importados que aqueles das rexións anglosaxoas veciñas. Isto non sorprende dado o maior acceso ao comercio. Ademais, os obxectos das tumbas son tanto máis ricos como numeroso nas de Kent que nas das rexións anglosaxoas, o cal implica que a riqueza material exhibida en Kent se derivaba de aquel comercio.<ref name="Yorke_26"/> A influencia dos francos tamén pódese detectar na organización social e agraria de Kent.<ref name="Stenton_59"/> Nos enterramentos tamén podénse ver outras influencias culturais, así que non é necesario supor que houbera un asentamento directo de francos en Kent.<ref name="Yorke_26"/>
 
=== A conquista do poder ===
 
==== Bretwalda ====
[[Ficheiro:Entry_for_827_in_the_Anglo-Saxon_Chronicle,_which_lists_the_eight_bretwaldas.gif|right|miniatura|A inscrición correspondente ao ano 827 nos anais do [C] ms. (un dos [[Crónica anglosaxoa|manuscritos de Abingdon]]) da ''Crónica anglosaxoa'', onde se lista os oito ''bretwaldas''; o nome de Aethelberht, escrito "Æþelbriht", é a penúltima palabra da quinta liña]]
Na súa ''Historia Eclesiástica'', Beda inclúe a súa lista de sete reis que exerceron o ''"imperium"'' sobre os outros reinos ao sur de Humber. Unha forma de traducir ''"imperium"'' e "autoridade" ou "soberanía". Beda nomea a Aethelberht como o terceiro na lista, despois de Ælle de Sussex e Ceawlin de Wessex.<ref name="Bede_111">Bede, ''Ecclesiastical History'', Book I, Ch. 25 & 26, from Sherley-Price's translation, p. 111.</ref> O anónimo confeccionador de anais que compuxo unha das versións da ''Crónica anglosaxoa'' repetiu a lista de Beda, que ten sete reis, nunha célebre inscrición correspondente ao ano 827, cun rei adicional, Egbert de Wessex. A ''Crónica'' tamén expón que estes reis tiveron o título de "''bretwalda''", ou "gobernante de Bretaña".<ref name="Swanton_60">Swanton, ''Anglo-Saxon Chronicle'',pp. 60–61.</ref> O significado exacto de ''bretwalda'' foi asunto de moito debate; foi descrito como un termo de "de encomio poético", mais tamén hai probas de que implicou unha función definida de liderado militar.<ref name="Stenton_34">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', pp. 34–35.</ref><ref name="Kirby_17">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 17.</ref>
Liña 58 ⟶ 61:
Nalgún momento Ceawlin deixou de ter o título de ''bretwalda'', quizais após unha batalla en Stoke Lyne, en Oxfordshire, que a ''Crónica'' data en 584, uns oito anos antes de que casara en 592 (outra vez segundo a non fiable datación da ''Crónica''). Aethelberht era un gobernante supremo cara o ano 601, cando Gregorio o Grande lle escribiu: Gregorio insta a Aethelberht para estender o cristianismo entre os reis e pobos suxeitos a el, o que implica certo grao de poder.<ref name="Stenton_59"/><ref name="Kirby_37">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 37.</ref> Se a batalla de Wibbandun aconteceu arredor de 590, como se suxire, entón Aethelberht gañaría a súa posición de señor supremo nalgún momento da década de 590. Esta data para Wibbandun é lixeiramente contraditoria coas datas propostas para o reinado de Ceawlin (581 e 588), mais non se pensa que esas datas sexan exactas, senón simplemente as máis plausibles das que se dispón.<ref name="Yorke_133"/>
 
==== Relacións con outros reinos ====
Alén da evidencia da ''Crónica'' de que Aethelberht tivo o título de bretwalda, hai probas da súa autoridade en moitos dos reinos do sur. En Essex, Aethelberht parece que estaría en condición de exercitar o poder pouco despois de 604, cando a súa intervención axudou na conversión ao cristianismo do rei Saebert de Essex e o seu sobriño. Foi Aethelberht e non Sæberht, quen construíu e enriqueceu San Paulo de Londres, onde agora eríxese a [[Catedral de San Paulo de Londres|Catedral de San Paulo]]. Beda proporciona aínda máis evidencias, xa que explicitamente describe a Aethelberht como señor de Sæberht.<ref name="Bede_108"/><ref name="Kirby_37"/><ref name="Stenton_109">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 109.</ref>
 
Liña 65 ⟶ 68:
Non hai probas de que a influencia de Aethelberht sobre outros reinos fora suficiente para converter ningún outro rei ao cristianismo, aínda que en parte esta interpretación se debe á falta de fontes, —por exemplo, non se sabe nada da historia de [[Reino de Sussex|Sussex]] durante case todo o século VII e VIII. Con todo, Aethelberht foi capaz de organizar unha asamblea en 602 no val de [[Río Severn|Severn]], sobre as fronteiras nordorientais de [[Wessex]], e isto pode ser unha indicación da extensión da súa influencia no oeste.<ref name="Kirby_37"/><ref name="Yorke_20">For example, Yorke comments that "it is impossible to write at any length about the history of [Sussex] in the seventh and eighth centuries" (''Kings and Kingdoms'', p. 20).</ref> Non se conserva ningunha proba que demostre a dominación de Kent sobre Mercia, mais é sabido que [[Mercia]] non dependía de [[Reino de Northumbria|Nortumbria]], así que é bastante plausible que estivera baixo a soberanía de Kent.<ref name="Stenton_39">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 39.</ref>
 
=== Misión de Agostiño e comezos da cristianización ===
Os britanos nativos convertíranse ao cristianismo baixo o goberno romano. As invasións anglosaxoas separaron a igrexa británica da cristiandade europea durante séculos, así que a igrexa de Roma non tivo ningunha presenza ou autoridade en Gran Bretaña, e de feito, Roma sabía tan pouco sobre a igrexa británica que ignoraba calquera cisma nos costumes. Porén, Aethelberht algo sabería da igrexa romana pola súa muller franca, Berta, quen trouxo consigo un bispo, Liudhard, da outra beira do Canal. Aethelberht renovara unha antiga igrexa romana para construírlle unha capela real, a de San Martiño (Saint Martin's), aínda en servizo como a igrexa máis vella no mundo anglofalante.<ref name="Kirby_36">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 36.</ref><ref name="Stenton_110">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 110.</ref><ref name="Kirby_35">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 35.</ref>
[[Ficheiro:Ethelbert,_King_of_Kent_from_All_Souls_College_Chapel.jpg|left|miniatura|Xanela con vidreira de Aethelberht na capela de All Souls College, Oxford.]]
Liña 76 ⟶ 79:
Por influencia de Aethelberht, Sæberht, rei de Essex, tamén converteuse, mais había límites á efectividade da misión.<ref name="Stenton_109"/> Non toda a corte de Kent se fixo cristiá: Eadbald, o fillo e herdeiro de Aethelberht, era pagán cando ascendeu ao trono.<ref name="Kirby_36"/> Rædwald, rei de Anglia Oriental, converteuse só en parte (aparentemente mentres estivo na corte de Aethelberht) e conservou un santuario pagán xunto ao novo altar cristián.<ref name="Bede_112"/><ref name="Kirby_36"/> Agostiño tamén fracasou en gañar como aliado ao clero británico.<ref name="Stenton_110"/>
 
=== Código legal ===
[[Ficheiro:Textus_Roffensis_ms.png|right|miniatura|299x299px|A primeira páxina do manuscrito do século XII do código legal de Aethelberht]]
Algún tempo após a chegada da misión de Agostiño, quizais en 602 ou 603, Aethelberht emitiu un conxunto de leis, en noventa seccións.<ref name="Blackwell_13_Kelly">"Æthelberht", S.E. Kelly, in Lapidge, ''Encyclopaedia of Anglo-Saxon England''.</ref><ref name="Geary_209">Geary, ''Readings'', pp. 209–211.</ref> Estas leis consideranse o código preservado máis antigo composto nun país xermánico, e case con certeza foi un dos primeiros documentos redactados en [[Inglés antigo|anglosaxón]], cando a alfabetización chegaría a Inglaterra coa misión de Agostiño.<ref name="Stenton_59"/><ref name="Yorke_1">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 1.</ref>. O único manuscrito antigo que queda, o ''Textus Roffensis'', data do século XII, e agora está no Medway Studies Centre, en Strood, Kent. O código de Aethelberht fa referencia á igrexa por primeira vez cando enumera a compensación requirida para a propiedade dun bispo, un diácono, un crego, etc.; mais en xeral, as leis notablemente non parecen influenciadas polos principios cristiáns.<ref name="ASE23"><cite class="citation journal" contenteditable="false">Hough, Carole A. (1994). </cite></ref><ref name="Geary_209"/>. Beda afirmou que foron compostas "segundo o xeito romano", mais tampouco hai moita influencia romana discernible. Nalgúns asuntos, as leis foron comparadas á [[Lei sálica]] dos francos, mais non se cre que Aethelberht baseara o seu novo código en ningún modelo específico anterior.<ref name="Stenton_59"/><ref name="Blackwell_13_Kelly"/>.
 
As leis ocúpanse de aplicar e reforzar penas para transgresións en todos os niveis da sociedade; a severidade da multa dependía do rango social da vítima, e os delitos contra a igrexa eran os máis penalizados, incluso máis que aqueles contra o rei.<ref>''The Beginnings of English Law'', Lisi Oliver</ref> Na execución das penas o rei tiña un interese financeiro, pois en moitos casos parte das multas viría a el, pero o rei tamén era responsable da lei e a orde, e evitar disputas de sangue aplicando regras de compensación ante danos, foi unha maneira de que o rei mantivese o control. As leis de Aethelberht son mencionadas por [[Alfredo o Grande]], quen compilou as súas propias leis, usando os códigos previos que creou Aethelberht, así como os de Offa de Mercia e Ine de Wessex.<ref name="Yorke_18">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 18.</ref><ref name="Stenton_276">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 276.</ref>
Liña 84 ⟶ 87:
Unha das leis de Aethelberht parece preservar rastros dun costume moi vello: o terceiro ítem do código expón que "Se o rei está a beber na casa dun home, e alguén cometer calquera feito máo alí, deberá pagar dobre compensación."<ref name="Geary_209"/> Isto probablemente refire ao antigo costume de que o rei viaxase polo país, sendo aloxado e provisto de sustento alí onde chegaba. Os servos do rei mantiveron estes dereitos por séculos após a morte de Aethelberht.<ref name="Stenton_288">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', pp. 288–289.</ref>
 
Os ítem desde o 77 ao 81 do código foron interpretados como a descrición dos dereitos financeiros dunha muller após un divorcio ou separación legal. Estas cláusulas definen canto dos bens da casa unha muller podería manter en diferentes circunstancias, dependendo de se mantiña a custodia dos fillos, por exemplo. Porén, unha fonte recentemente suxeriu que sería máis correcto interpretar estas cláusulas en referencia coas mulleres que enviuvaban, máis que coas divorciadas.<ref name="ASE23"><cite class="citation journal">Hough, Carole A. (1994). </cite></ref>
 
=== Comercio e moeda ===
[[Ficheiro:Eadbaldobv.1.jpg|miniatura|200x200px|Un ''thrymsa'' do reinado de Eadbald, o fillo de Aethelberht, ningunha das moedas coñecidas levan o nome de Aethelberht, a pesar de que serían cuñadas durante o seu reinado]]
Hai pouca evidencia documental sobre a natureza do comercio no Kent de Aethelberht. É sabido que a finais do século VII os reis de Kent establecían control real do comercio, mais non can cedo comezou este control. Hai evidencia arqueolóxica que suxire que a influencia real precede a calquera fonte escrita. Suxeríuse que un dos logros de Aethelberht foi quitar o control do comercio á aristocracia para convertelo nun monopolio real. O comercio continental proporcionou a Kent acceso a bens de luxo que déronlle unha vantaxe ao comerciar coas outras nacións anglosaxoas, e os ingresos do comercio foron importantes en si mesmos.<ref name="Yorke_40">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 40.</ref>
Liña 94 ⟶ 97:
Quizais fora durante o reinado de Aethelberht cando comezou a cuñación de moedas en Inglaterra: ningunha ten o seu nome, mais pénsase que é probable que as primeiras moedas sexan de antes de finais do século VI. Estas primeiras moedas eran de ouro, e probablemente fosen os xilins (''scillingas'' en inglés antigo) que se mencionan nas leis de Aethelberht.<ref name="Yorke_40"/> As moedas tamén se coñecen en [[numismática]] como "thrymsas".<ref name="Blackwell_113">"Coinage", M.A.S. Blackburn, in Lapidge, ''Encyclopaedia of Anglo-Saxon England''.</ref>
 
=== Morte e sucesión ===
Aethelberht morreu o 24 de febreiro de 616 e foi enterrado na igrexa de San Pedro e San Paulo (despois St. Augustin's Abbey) pero máis tarde foi exhumado para que o seu santuario puidese ser colocado enriba do altar maior da igrexa normanda, onde Santo Aethelberht atraouxo peregrinos. Sucedeuno o seu fillo, Eadbald, quen non era cristián —Beda di que se convertera mais que volveu á súa fe pagá, pero que finalmente foi un rei cristián.<ref name="Blackwell_13_Kelly"/><ref name="Stenton_61">Stenton, ''Anglo-Saxon England'', p. 61.</ref> Eadbald ofendeu a Igrexa cando casou coa súa madrasta e cando refusou o bautismo.<ref name="Bede_112"/>
 
Liña 101 ⟶ 104:
É posible que Aethelberht, alén de Eadbald, tivera outro fillo, Æthelwald. A proba de isto é unha carta papal a Xusto, arcebispo de Canterbury de 619 a 625, que fala dun rei chamado Aduluald, quen aparentemente non era Audubald, que é unha forma de Eadbald. Non hai acordo entre os eruditos modernos sobre como interpretar isto: "Aduluald" podería ser unha forma de "Æthelwald", e por iso indicio doutro rei, quizais un sub-rei do Kent occidental; ou tamén pode ser unha transcrición errada de Eadbald.<ref name="Yorke_3233">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 32–33.</ref><ref name="Kirby_39">Kirby, ''Earliest English Kings'', p. 39.</ref>
 
=== Celebración litúrxica ===
Posteriormente Aethelberht foi canonizado polo seu papel no establecemento do cristianismo entre os anglosaxóns. A súa festa orixinalmente era o 24 de febreiro mais despois foi mudada ao 25 do mesmo mes.<ref name="rc.net"><cite class="citation web" contenteditable="false">[http://www.catholic-forum.com/saints/sainte3p.htm "Patron Saints Index: Saint Ethelbert"]<span class="reference-accessdate">. </span></cite></ref>