Anthony Davis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (2)
Liña 26:
== Traxectoria ==
=== Instituto ===
[[Ficheiro:Anthony Davis dunk.JPG|thumbminiatura|left|180px|Davis cos Wildcats.]]
Anthony Davis Jr. é fillo de Anthony e Eranier Davis. Naceu o [[11 de marzo]] de [[1993]] no South Side de [[Chicago]], [[Illinois]]. Ten unha irmá xemelga chamada Antoinette e unha irmá maior chamada Lesha, que tamén xogan a baloncesto. Na súa cidade natal acudiu ao Instituto Perspectives Charter School, un centro cun programa académico famoso polos seus programas de matemáticas e ciencias. O equipo do Perspectives milita nunha división da Chicago Public High School League, a chamada ''Blue Division'', ignorada polos medios de comunicación debido ao baixo nivel da competición. No seu primeiro ano, Davis era coñecido como "O pequeno que lanza triplas desde a esquina". Ao finalizar o seu primeiro ano no instituto medra 10 centímetros e aínda que a tempada seguinte seguiu xogando por fóra, traballou o seu xogo interior adestrando co seu tío e os seus curmáns. Durante o seu ano junior os seus pais pensaron en mudalo de instituto a un con maior repercusión mediática. Con todo Donnie Kirksey, amigo do pai de Anthony, desaconsellou tal opción dicindo que "Se es bo, dá igual onde xogues, encontraranche".<ref>{{cita web|data=29 de xuño 2012|url = http://www.marca.com/2012/06/29/baloncesto/nba/noticias/1340950671.html|título = Anthony Davis, el último paso en la evolución del baloncesto|obra=Marca|autor=García, G.|lingua=castelán|dataacceso=16 de agosto de 2015}}</ref>
 
Liña 60:
 
=== NBA ===
[[Ficheiro:20140101 Anthony Davis shoots free throws (2).JPG|thumbminiatura|Davis en 2014.]]
Tal e como previron moitos ''Mock Drafts'', Davis foi seleccionado na primeira posición do [[Draft da NBA]] de [[2012]] por [[New Orleans Hornets]].<ref>{{cita web|url=http://www.nba.com/2012/news/06/28/nba-draft.ap/index.html|título=Hornets take Davis with No. 1 pick in Draft|obra=NBA.com|lingua=inglés|data=28 de junio de 2012|dataacceso=16 de agosto ded 2015}}</ref> Na súa estrea como profesional anotou 21 puntos e capturou 7 rebotes, mais non puido evitar a derrota do seu equipo en casa ante os [[San Antonio Spurs]]. Ao partido seguinte sufriu unha conmoción cerebral tras un choque co seu compañeiro [[Austin Rivers]], o que lle mantivo afastado das pistas unha semana. Ao seu regreso asinou o seu primeiro dobre-dobre na NBA con 23 puntos e 11 rebotes, ademais de pór 5 tapóns. Participou no [[Rising Stars Challenge]] co ''[[Charles Barkley|Team Chuck]]'', saíndo de titular e anotando 11 puntos e atrapando 9 rebotes. Davis finalizou a súa primeira tempada na NBA liderando a clasificación de ''rookies'' en rebotes (8'2) e tapóns (1'8). Foi incluído no mellor quinteto de rookies, mais a pesar de partir como favorito a principios da tempada, o premio ao [[Rookie do Ano da NBA|Rookie do Ano]] levoullo [[Damian Lillard]] de forma unánime.