Mesrop Mashtots: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (2)
Liña 8:
Armenia foi durante longo tempo campo de batalla entre [[Imperio Romano|romanos]] e [[Persia|persas]], perdendo a súa independencia no ano [[387]] e sendo dividida entre o [[Imperio bizantino]] e a propia [[Persia]], quedando catro quintos do seu territorio dentro dos novos límites persas. O oeste de Armenia foi entón gobernado por xenerais bizantinos, mentres que un rei armenio gobernaba como un súbdito do territorio armenio de Persia. A Igrexa viuse influída por estas políticas, aínda que a perda da [[independencia]] civil e a división do terreo non puideron destruír a súa organización. A persecución relixiosa produciu unha maior actividade, e tivo como efecto o producir unha unión do clero, os nobres e o pobo. Os principais eventos deste período son a invención do [[alfabeto armenio]], a revisión da liturxia, a creación dunha literatura nacional e eclesiástica e o reaxuste das relacións xerárquicas. Tres homes están asociados con ese traballo: Isaac de Armenia, o Rei Vramshapuh, que sucedeu ao seu irmán Cosroes III en [[394]], e Mesrop Mashtots.
 
[[Ficheiro:Mesrop1776t.jpg|thumbminiatura|left|190px|Ilustración de Mesrop Mashtots nun manuscrito de 1776.]]
No caso de Mesrop Mashtots, co apoio do príncipe Shampith, adicouse a predicar os [[Evanxeo]]s no distrito de Golthn preto do río Araxes, convertendo a moitos "[[Herexía|herexes]]" e "[[Paganismo|pagáns]]". Con todo, pasou grandes dificultades xa que os [[pobo armenio|armenios]] non tiñan alfabeto propio: utilizaban as [[alfabeto grego|escrituras grega]], [[Lingua iraniana|persa]] e [[alfabeto sirio|siria]], mais ningunha era adecuada para representar correctamente os numerosos sons da súa lingua nativa. Consideraba que os textos sagrados e a liturxia, escritas en sirio, resultaban para moitos ilexibles, polo que había unha constante necesidade de tradutores e intérpretes.
 
Liña 17:
=== O alfabeto armenio ===
{{Artigo principal|Alfabeto armenio}}
[[Ficheiro:Dzeragir.jpg|right|thumbminiatura|Versos de Mesrop Mashtots.]]
{{VT|Lingua armenia}}
A invención do alfabeto no ano [[406]] determinou o comezo da literatura armenia,<ref>[Histoire du Bas-Empire de Lebeau, V, 320]</ref> e probou ser un factor poderoso na formación dun espírito nacionalista. "O resultado do traballo de Mesrob e Isaac", di San Martiño, "foi separar para sempre ao pobo armenio doutros pobos do leste, para convertelos nunha nación propia, e para fortalecer neles a fe cristiá prohibindo o uso de alfabetos estranxeiros profanos que eran utilizados para transcribir os libros pagáns dos seguidores de [[Zoroastro]] (tamén chamado [[Zaratustra]]). A Mesrob debémoslle a preservación da linguaxe e a literatura armenias; porque sen o seu traballo, o seu pobo sería absorbido polos persas e sirios, e desaparecería como moitas outras nacións do leste".