Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (3)
 
No [[século VII]] a comunidade maronita foi refundada e organizada por un monxe, o abade do mosteiro de Brad, en [[Siria]]. [[Xoán Marón]] foi o primeiro maronita en ter a dignidade episcopal; a súa ordenación tivo lugar en [[676]], e máis tarde (en [[685]]) foi elixido [[patriarca de Antioquía]]. El foi o primeiro maronita en ter este encargo. Para escapar dunha persecución, decidiu deixar Siria e ir ao Líbano. Estabeleceuse en [[Bkirki]], onde construíu un novo mosteiro no que depositou a máis valiosa [[reliquia]] para os maronitas: o cranio de San Marón. Dende aquela época, o mosteiro é a [[Patriarcado de Antioquía dos Maronitas|sé patriarcal.]]
[[Ficheiro:Saint Elijah Maronite Cathedral, Aleppo (2).jpg|thumbminiatura|A catedral maronita de [[Alepo]].]]
[[Ficheiro:HarissaVirginOfLebanon.jpg|thumbminiatura|Estatua do santuario de [[Nosa Señora do Líbano]].]]
 
En [[685]] a [[Patriarcado de Antioquía|Igrexa de Antioquía]] dividiuse entre os [[Concilio de Calcedonia|calcedonianos]] e os non calcedonianos, que se converteron na maioría. A comunidade maronita elixiu permanecer calcedoniana, e non se recoñeceu máis no patriarca Teófanes. Iniciou un período de autonomía, e os mosteiros tornáronse bispados.
 
== Organización ==
[[Ficheiro:Peshitta464.jpg|thumbminiatura|left|A [[Peshitta]] é a Biblia siríaca estándar, empregada pola Igrexa Maronita e outras igrexas. A imaxe é o texto de [[Libro do Éxodo|Éxodo]] 13:14-16, do ano 464.]]
 
A cabeza da Igrexa maronita é o [[Lista dos patriarcas de Antioquía dos maronitas|patriarca de Antioquía dos maronitas]], quen é elixido polos bispos maronitas e reside en [[Bkirki]], ao norte de [[Beirut]]. Dende marzo de 2011 o patriarca é o [[cardeal]] [[Bixara Pedro al-Rai]]. Cando un novo patriarca e elixido e entronizado, pide o recoñecemento eclesiástico do [[Papa]], mantendo deste xeito a comuñón coa [[Santa Sé]]. Como un dos patriarcas orientais, o patriarca a miúdo é creado cardeal polo papa, co rango de cardeal-bispo.
381.287

edicións