Karl Popper: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Nacido en Viena en 1902 nunha familia de clase media de orixe xudía secularizada, educouse na Universidade de Viena. Concluíu o doutoramento en filosofía en 1928 e ensinou nunha escola secundaria entre 1930 e 1936. En [[1937]], a ascensión do [[nazismo]] levouno a emigrar para a [[Nova Zelandia]], onde foi profesor de filosofía en Canterbury University College, Christchurch. En 1946, foi vivir para Inglaterra, tornándose asistente (reader) de lóxica e de método científico na London School of Economics, onde foi designado profesor en [[1949]]. Foi nomeado cabaleiro da [[Isabel_II_do_Reino_UnidoIsabel II do Reino Unido|raíña Isabel II]] en 1965, e electo para a sociedade real ([[Royal Society]]) en 1976. Retirouse da vida académica en [[1969]], a pesar de ter permanecido activo intelectualmente ata á súa morte en [[1994]]. Recibiu a insignia de Compañeiro de Honra (Companion of Honour) en [[1982]].
 
Popper recibiu varios premios e honras no seu campo, incluíndo o [[premio Lippincott]] da asociación americana de ciencia política, o [[premio Sonning]], e o estatuto de membro na sociedade real, na [[academia británica]], [[London School of Economics]], [[Kings College]] de Londres e o Darwin College de Cambridge.