Zona especial de conservación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
As '''zonas especias de conservación (ZEC)''' son, segundo a Directiva de Hábitats (92/43/EEC), espazos naturais con interese de conservación polos seus [[hábitat]]s e [[especie]]s de interese ou en risco e que declara a [[Comisión Europea]]. Protexen a máis de 220 hábitats e máis de 1000 especies catalogadas nos anexos I ou II da directiva.<ref name="dir_habitats" /><ref name="dir_habitat_intro" />
 
As zonas especiais de conservacións son espazos naturais escollidos polos estados membros da [[Unión Europea]] dentro das candidaturas de '''lugares de interese comunitario (LIC)''' que propuxeron os estados membros. Unha vez declarados, correspóndelle aos estados aplicar as medidas de conservación e protección dos hábitats.
 
As ZEC, e igual que as zonas [[Zona de especial protección para as aves|ZEPA]]s para aves, están dentro da [[Rede Natura 2000]] e poden complementar a outras [[espazos naturais protexidos|áreas protexidas]] dentro das redes de conservación de cada estado membro. As ZEC forman parte doutro compromiso de "áreas de especial interese de conservación" da [[Rede Emeralda]] dentro da [[Convención relativa á conservación da vida silvestre e do medio natural de Europa|Convención de Berna]]: "Convención de conservación da vida salvaxe e hábitats naturais".
 
==Declaración das zonas de conservación==
===Fase de proposta de lugares de importancia comunitaria===
Os estados membros da Unión Europea, dentro da Directiva Hábitats de 1992 (92/43/EEC) e de Aves, deben avaliar as rexións bioxeográficas ou hábitats de especies con interese de conservación.<ref name="dir_habitats">{{Cita web| url = http://eur-lex.europa.eu/legal-content/PT/TXT/?uri=CELEX:31992L0043 | título = Directiva 92/43/CEE do Conselho, de 21 de Maio de 1992, relativa à preservação dos habitats naturais e da fauna e da flora selvagens |volume = Jornal Oficial nº L 206 de 22/07/1992 p. 0007 - 0050 (31992L0043) | editores = EUR-Lex, Unión Europea | idioma =portugués}}</ref> Correspóndelle aos estados limitar estas rexións e realizar informes técnicos destas áreas. As rexións de interese de conservación para os estados deben levalos como '''propostas de lugares de importancia comunitaria (pLIC)''' a consellos científicos da Unión Europea. As comisións científica realizan unha función de avaliación das rexións propostas, os hábitats que conteñen e as especies presentes. As comisións científicas organizaranse por áreas bioxeográficas e determinan a calidade das propostas dos estados membros da unión, identificando as eivas en cada unha.<ref name="natura2000_sitios">{{Cita web| url = http://ec.europa.eu/environment/nature/natura2000/sites/index_en.htm | título = Natura 2000 sites designation| editores = European Commision, Natura 2000 | idioma = inglés}}</ref>
 
===Fase de lugar de importancia comunitaria===
Unha vez os estados propuxeron as candidaturas, eses espazos propostos ante a comisión denomínanse ''''lugares de importancia comunitaria (LIC)''' (en [[lingua inglesa|inglés]] ''Site of Community Importante (SCI)''). Namentres non finalice o procedemento de selección das áreas obxectivo de conservación a estas candidaturas chámaselles ''lugares de importancia comunitaria (LIC)''. Segundo a definición da Comisión Europea na súa Directiva de Hábitats (92/43/EEC), son lugares ou rexións bioxeográficas que contribúen dunha maneira significativa ao mantemento e recuperación dun tipo de hábitat natural ou de especies; e que lles dan coherencia á [[Rede Natura 2000]] coa súa contribución a manter a diversidade biolóxica dentro de rexións bioxeográficas ou rexións de interese.<ref name="dir_habitats" /><ref name="dir_habitat_intro">{{Cita web| url = http://ec.europa.eu/environment/nature/legislation/habitatsdirective/index_en.htm | título =
The Habitats Directive | editores = European Commision, Natura 2000 | idioma = inglés}}</ref><ref name="dir_habitats" /><ref name="natura2000_sitios" />
 
Os estados membros avaliarán se procede continuar co recoñecemento da área e lle permiten ao estado membro designala como '''Zona especial de conservación (ZEC)'''.<ref name="natura2000_sitios" />
 
===Fase de zona especial de conservación===
Cando os lugares de importancia comunitaria son aceptados pola Comisión Europea e lles dan autorización, os estado membros debe proceder a declarar esas zonas como '''Zonas especiais de conservación (ZEC)''' (en inglés ''Special Areas of Conservation'' (SACs)) e cumprir as obrigas de conservación. O período de declaración como ZEC non pode superar os seis anos e a Unión Europea, unha vez declarados, comproba anualmente este cumprimento.<ref name="dir_habitats" /><ref name="natura2000_sitios" />
 
Os estados deben velar polo conservación das zonas especiais de conservación e dárlle prioridade aos espazos en maior risco de degradación.<ref name="dir_habitats" /><ref name="natura2000_sitios" />