Segunda cruzada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
ff
Etiqueta: edición de código 2017
m Arranxos varios, replaced: [[File: → [[Ficheiro: (7), |thumb| → |miniatura| (7)
Liña 8:
 
==Antecedentes: Caída de Edesa==
[[FileFicheiro:Battle of Edeesa 1146.jpg|thumbminiatura|Batalla de Edesa, 1146]]
Tras a primeira cruzada e a cruzada menor de 1101 establecéronse tres estados cruzados en Oriente: o [[Reino de Xerusalén]], o Principado de Antioquía e o Condado de Edesa. Un cuarto, o Condado de Trípoli, estableceuse en 1109. Edesa era o máis setentrional deles, por tanto, o máis débil e menos poboado; iso a sometía a frecuentes ataques dos estados musulmáns circundantes gobernados polos artúquidas, danisméndidas e selxúcidas.<ref>Riley-Smith, Jonathan (2005). The Crusades: A Short History (Second ed.). New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 0-300-10128-7.</ref> En 1104, tras a súa derrota na batalla de Harran, o conde Balduíno II e o futuro conde Xoscelino de Courtenay foron levados cativos. Balduíno e Xoscelino foron capturados por segunda vez en 1122 e, aínda que Edesa se recuperou pouco despois da Batalla de Azaz en 1125, Xoscelino morreu en combate en 1131. O seu sucesor Xoscelino II foi forzado a unha alianza co Imperio Bizantino, mais en 1143 tanto o emperador bizantino [[Xoán II Comneno]] como o rei de Xerusalén Fulque de Anjou morreron. Por outra banda Xoscelino tivo desavinzas co conde de Trípoli e co príncipe de Antioquía, o que deixou Edesa sen aliados poderosos.<ref>Tyerman, Christopher (2006). God's War: A New History of the Crusades. Cambridge: Belknap Press of Harvard University Press. ISBN 0-674-02387-0.</ref>
 
Liña 16:
 
===''Quantum praedecessores''===
[[FileFicheiro:167-Blessed Eugene III.jpg|thumbminiatura|Papa Uxío III]]
A noticia da caída de Edesa foi traída a Europa primeiro por peregrinos a principios de 1145, e despois por embaixadas de Antioquía, Xerusalén e Armenia. O bispo [[Hugo de Xabala]] informou da noticia ao papa Uxío III, que o 1 de decembro dese ano emitiu a [[bula]] ''Quantum praedecessores'', na que pedía unha segunda cruzada.<ref>Tyerman 2006, pp. 273–275.</ref> Hugo tamén contou ao papa dun rei cristián oriental quen, esperábase, traería alivio para os estados cruzados. Esta é a primeira mención documentada sobre o [[Preste Xoán]].<ref>Runciman 1952, p. 247.</ref> Uxío non controlaba Roma, así é que vivía en [[Viterbo]],<ref>Tyerman 2006, p. 289.</ref> porén, se pretendeu que a segunda cruzada fose máis organizada e controlada por un poder central que a primeira: os exércitos serían comandados polos reis máis fortes de Europa e planificaríase unha ruta de antemán<ref>Tyerman 2006, p. 298.</ref>.
 
Liña 22:
 
==San Bernardo de Claraval==
[[FileFicheiro:Saint-Bernard prêchant la 2e croisade, à Vézelay, en 1146.jpg|thumbminiatura|San Bernardo predica a segunda cruzada en Vézelay, 1146]]
O papa encomendou a Bernardo predicar a segunda cruzada, e concedeu as mesmas [[indulxencia]]s para ela que o papa [[Urbano II, papa|Urbano II]] concedera para a primeira cruzada.<ref>Bunson, Matthew, Margaret, & Stephen (1998). Our Sunday Visitor's Encyclopedia of Saints. Huntington: Our Sunday Visitor. ISBN 0-87973-588-0.</ref> En 1146 convocouse un parlamento en Vézelay, [[Borgoña]], e Bernardo predicou perante a asemblea o 31 de marzo. Luís VII de Francia, a súa muller [[Leonor de Aquitania]] e os príncipes e señores presentes prostráronse aos pés de Bernardo para recibir a cruz dos peregrinos. Bernardo despois pasou a Alemaña, e os milagres relatados que se multiplicaban case con cada paso seu sen dúbida contribuíron ao éxito da súa misión. En Espira (Speyer), Conrado III de Alemaña e o seu sobriño, o emperador [[Federico Barbarroxa]] do [[Sacro Imperio Romano]], recibiron a cruz das mans de Bernardo.<ref>Riley-Smith, Jonathan (1991). Atlas of the Crusades. Nueva York: Facts on File.</ref> O papa Uxío veu en persoa ata Francia para impulsar a empresa.<ref name="Tyerman 2006, pp. 275–281"/>
Pese ao seu celo subxugante, Bernardo non predicou nin o fanatismo nin a persecución, mais, como na primeira cruzada, a prédica levou a ataques contra os xudeus; aparentemente un monxe francés fanático chamado Rodolfo, alegando que os xudeus non estaban contribuíndo financeiramente co rescate de Terra Santa, inspirou matanzas de xudeus en [[Renania]], [[Colonia, Alemaña|Colonia]], [[Maguncia]], Worms e Espira. Bernardo, o arcebispo de Colonia e o arcebispo de Maguncia foron vehementes contra estes ataques. Bernardo viaxou de [[Flandres]] a Alemaña para manexar o problema e calmar a turba. Alí atopou Rodolfo, en Maguncia, e silenciouno devolvéndoo para o seu mosteiro.<ref>Tyerman 2006, pp. 281–288.</ref>
Liña 48:
==Forzas en combate==
===Musulmáns===
[[FileFicheiro:A Mamluk from Aleppo.jpg|thumbminiatura|Un mameluco de Alepo]]
As forzas musulmás da época comprendían pequenos corpos de soldados profesionais, aumentados por voluntarios e recrutas en tempos de guerra. O maior dos estados musulmáns daquela época, o Gran Sultanato Turco Selxúcida, que gobernaba a maior parte do que é os actuais Irán e Iraq, tiña uns 10.000 soldados a tempo completo. O número de tropas dispoñibles dos estados de Siria era moito menor. O núcleo das tropas profesionais eran os ghulam ou mamelucos, adestrados para a guerra desde a infancia. O custo de formar e adestrar un mameluco era de preto de 30 dinares (pola contra, un bo cabalo en Siria custaba uns 100 dinares).
 
Liña 66:
 
===Ruta alemá===
[[FileFicheiro:Arrivée des croisés à Constantinople.jpg|thumbminiatura|Chegada dos cruzados á Constantinopla]]
Os cruzados alemáns, acompañados polo legado papal, o cardeal Theodwin, tentaron encontrárense cos franceses en Constantinopla. Ottokar III de Estiria uniuse a Conrado en Viena, e o inimigo de Conrado, Geza II de Hungría, permitiulles pasar indemnes. Cando o exército alemán de 20.000 homes chegou ao territorio bizantino, o emperador grego Manuel I Comneno temeu que foran para atacalo, e apostou tropas para garantir que non houbese problemas. Producíronse unhas breves escaramuzas con algúns dos alemáns máis indisciplinados preto de Filipópolis e en Adrianópolis, onde o xeneral bizantino Prosouch<ref>Prosouch era un bizantino que provía dos Borsuq, unha familia turca helenizada Aleksandr Petrovich Kazhdan, Annabel Jane Wharton, Change in Byzantine Culture in the Eleventh and Twelfth Centuries. University of California Press, 1985, p. 180. Dispoñible en https://books.google.com.ar/books?id=qlU37xo9LeUC&pg=PA180&lpg=PA180&dq=Prosouch+Borsuq&source=bl&ots=k1oPKIJYnX&sig=1rYR_4ZTbRUygHTLlQVhIc8sr80&hl=es-419&sa=X&ved=0ahUKEwirhubRnI3KAhXHGJAKHaEdBuMQ6AEIIzAB#v=onepage&q=Prosouch%20Borsuq&f=false</ref> loitou co sobriño de Conrado, o futuro emperador Federico. Para empeorar a situación, algúns dos soldados alemáns morreron nunha riada a principios de setembro. O 10 de setembro, porén, chegaron a Constantinopla, onde as relacións con Manuel non eran boas, o que desencadeou unha batalla, tras a cal os alemáns ficaron convencidos de que debían cruzaren a Asia Menor o máis rápido posible.<ref>Nicolle 2009, pp. 42</ref> Manuel quería que Conrado deixara algunhas das súas tropas para auxilialo na defensa contra os ataques de Roxerio II, quen aproveitara a oportunidade para saquear as cidades gregas, mais Conrado, pese a ser inimigo de Roxerio, non estivo de acordo,.<ref>Runciman 1952, pp. 259–267.</ref> En Asia Menor, Conrado resolveu non esperar os franceses, e marchou para Iconio (hoxe Konya, Turquía), capital do Sultanato Selxúcida de Rum. Conrado separou o seu exército en dúas divisións. Gran parte da autoridade do Imperio Romano de Oriente nas provincias occidentais de Asia Menor era máis nominal que real, con moitas das provincias convertidas en terra de ninguén controladas por nómades turcos.<ref>Nicolle 2009, pp. 43.</ref> Conrado subestimou a duración da marcha para Anatolia e supuxo que a autoridade do emperador Manuel era maior alí do que de feito era.<ref name="Nicolle 2009, pp. 46">Nicolle 2009, pp. 46.</ref> Levou os cabaleiros e as mellores tropas consigo mesmo para marchar por terra e mandou os seguidores civiles con Otón de Frisinga a seguir o camiño da costa.<ref name="Nicolle 2009, pp. 46"/> A tropa conducida por Conrado foi destruída case totalmente polos selxúcidas o 25 de outubro de 1147 na segunda batalla de Dorylaeum.<ref name="Riley-Smith 1991, p. 50">Riley-Smith 1991, p. 50.</ref>
 
Liña 91:
 
===Consello de Acre===
[[FileFicheiro:2nd Crusade council at Jerusalem.jpg|thumbminiatura|Consello preto de Xerusalén]]
A nobreza de Xerusalén saudou a chegada das tropas de Europa, e anunciouse que se reuniría un consello para decidir sobre o mellor obxectivo para os cruzados. Isto ocorreu o día 24 de xuño de 1148, cando a Alta Corte de Xerusalén reuniuse cos cruzados recentemente chegados de Europa en Palmarea, preto de Acre, unha cidade importante do Reino Cruzado de Xerusalén. Esta foi a reunión máis espectacular da Corte en toda a súa existencia.<ref name="Riley-Smith 1991, p. 50"/><ref>William of Tyre; Babcock, E. A.; Krey, A. C. (1943). A History of Deeds Done Beyond the Sea. Columbia University Press. OCLC 310995.</ref> "parece que ben paga a pena e é moi en harmonía coa historia presente que os nomes dos nobres que estaban presentes no consello ... se rexistren aquí para o beneficio da posteridade." El enumera estes e moitos outros; "nomear cada un individualmente levaría moito tempo."
 
Liña 97:
 
===Asedio de Damasco===
[[FileFicheiro:Siege of Damascus, second crusade.jpg|thumbminiatura|O Cerco de Damasco]]
Os cruzados trataron de atacar Damasco desde o oeste, onde os hortos lles provirían dun abastecemento alimentario constante.<ref name="Riley-Smith 1991, p. 50"/> Chegaron a Daraiya o 23 de xullo. O día seguinte, os musulmáns estaban prontos para a ofensiva e atacaban constantemente o exército avanzando a través dos hortos das aforas de Damasco. Os defensores demandaran axuda a Saif ad-Din Ghazi I de Mosul e Nur ad-Din de Alepo, que conduciu persoalmente un ataque contra o campamento cruzado. Os cruzados foron empurrados alén dos muros cara aos hortos, onde ficaban propensos a emboscadas e ataques de guerrilla.<ref name="Brundage 1962, pp. 115–121"/>