Eadwulf I de Northumbria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 717 mediante HotCat
m Arranxos varios
Liña 1:
'''Eadwulf''', finado en [[717]], foi rei de [[Reino de Northumbria|Northumbria]] desde a morte de [[Aldfrith de Northumbria|Aldfrith]] en decembro de [[704]] até febreiro ou marzo de [[705]], cando o fillo de [[Aldfrith de Northumbria|Aldfrith]], [[Osred I de Northumbria|Osred]] foi restaurado no trono.
 
== Traxectoria ==
Osred era un neno cando o seu pai morreu, e suponse que Eadwulf usurpou o trono. A relación de Eadwulf, se é que a había, con calquera membro da dinastía gobernante, descendentes de [[Ida de Bernicia|Ida]] énos descoñecida, pero é bastante posíbel que fose de estirpe real, xa que dúas ou máis ramas dos ''Eoppingas'' aparecen como reis de Northumbria despois da extinción da liña principal.
 
Inicialmente Eadwulf parece contar co apoio do [[Ealdorman|''[[ealdorman'']]'' [[Berhtfrith]] fillo de [[Berhtred]], presumibelmente o señor da fronteira nororiental de [[Bernicia]], en [[Lothian e Estremas|Lothian]] e ao longo do [[Forth]]. Con todo, pronto estalou a crise. O bispo [[Wilfrid]], exiliado por Aldfrith, desexaba regresar a Northumbria, e Eadwulf tentou evitalo. No entanto, Berhtfirth era partidario do regreso de Wilfrid e isto provocou unha breve guerra civil que concluíu con o asedio de [[Bamburgh]]. Berhtfrith, Wilfrid e os seguidores de Osred impuxéronse, e Osred foi restaurado no trono de Northumbria.
 
Eadwulf parece haberse exiliado, ben a [[Dalriada|Dál Riata]], ben a [[Pictos|Pictavia]] e a súa morte aparece nos [[Anais do Ulster]] en 717. O seu fillo [[Earnwine]] foi asasinado por orde de [[Eadberht de Northumbria]] en 740. O bisneto de Eadwulf, [[Eardwulf de Northumbria|Eardwulf]] e o seu fillo [[Eanred de Northumbria|Eanred]] chegarían a ser reis de Northumbria.