Swissquote: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrección lingüística. / Substitución de contido incomprensible e ampliación, a partir das versións en francés e en inglés. / Ligazóns internas. / Notas. / Ficha de "compañía". / Eliminación de aviso de "múltiples erros".
m Arranxos varios
Liña 21:
}}
 
'''Swissquote Group Holding SA''' é unha empresa [[suíza]] con sede na cidade de [[Gland]], creada en [[1996]] pola compañía [[Marvel Communications S.A.|Marvel Communications SA]] e con forma xurídica anónima, especializada no comercio financeiro en liña coa súa sede en [[Inglaterra]]. O grupo dá emprego a 519 persoas (febreiro de [[2014]]) e ten máis de 201.000 clientes. O seu patrimonio total suma 8,6 mil millóns de [[Franco Suízo|francos suízos]] (finais de [[2012]]) e é un banco en liña puro, líder no mercado do territorio de Suíza, aínda que tamén é contratado por cidadáns pertencentes aos países da [[Eurozona]], mediante o respectivo formulario na súa web.<ref>"[http://www.six-swiss-exchange.com/shares/security_info_fr.html?id=CH0010675863CHF4 Swissquote Group Holding Ltd]". En ''SIX Swiss Exchange''. ''(En francés)''</ref>
 
A gama de servizos céntrase, principalmente, na contratación electrónica de [[Acción (finanzas)|accións]], fondos mutuos, opcións, warrants e bonos, así como na xestión das contas e servizos de custodia e xestión de activos para clientes privados e corporativos. Ademais dos servizos dunha base específica da compañía, ofrece no seu portal financeiro diversas ferramentas de análise. O portal financeiro Swissquote é a plataforma financeira máis visitada en Suíza.<ref>"[https://www.24heures.ch/economie/suisse-peut-tailler-premiere-place-finance-demain/story/29005565 Les nouvelles technologies financières vont révolutionner la banque de demain. Swissquote est aux avant-postes]". En ''24Heures.ch''. 4 de marzo de 2015. ''(En francés)''</ref>
Liña 32:
En [[2010]], dúas adquisicións permitiron a Swissquote consolidar a súa posición como líder no comercio en liña: en xuño, a compañía fíxose cargo da empresa con sede en Zúric Tradejet AG, unha plataforma de información en liña e corredoría, e en outubro adquiriu ACM Advanced Currency Markets AG. Esta segunda adquisición fixo que o negocio comercial da compañía pasase a incluír operacións de [[Forex]] en liña.
 
En setembro de [[2013]], Swissquote conseguiu un lugar no mercado internacional mediante a adquisición e a fusión con MIG Bank, unha empresa especializada en Forex. Esta adquisición impulsou a Swissquote, que aspiraba a se converter nun actor importante no mercado de [[Divisa|divisasdivisa]]s, nun dos dez principais provedores de servizos de comercio de divisas en liña.<ref>"[https://www.24heures.ch/economie/Swissquote-avale-MIG-Bank/story/10949592 Swissquote avale MIG Bank]". En ''24Heures.ch''. 25 de setembro de 2013. ''(En francés)''</ref>
 
En xaneiro de [[2015]], tras a decisión do [[Banco Nacional Suízo]] de descontinuar o tipo de cambio mínimo de 1,20 [[Franco suízo|francos suízos]] por [[euro]], Swissquote destinou unha reserva de 25 millóns de francos suízos sen comprometer a rendibilidade nin a solidez do banco.<ref>"[http://www.bilan.ch/argent-finances/bns-swissquote-constitue-une-provision-de-25-millions-de-francs BNS: Swissquote constitue une provision de 25 millions de francs]". En ''Bilan.ch''. 16 de xaneiro de 2015. ''(En francés)''</ref>
Liña 47:
Swissquote é a patrocinadora oficial do club de [[fútbol]] [[Gran Bretaña|británico]] [[Manchester United F.C.|Manchester United]] desde o 26 de xaneiro de 2015. O obxectivo deste patrocinio global é a promoción dos servizos do grupo bancario a un público máis amplo, tendo en conta que o club ten máis de 650 millóns de seareiros por todo o mundo.<ref>[http://www.swissquote.ch/sqw-group-resources/doc/pdf/press/press_release_260115_f.pdf Comunicado de prensa de Swissquote]: anuncio do patrocinio do Manchester United. 26 de xaneiro de 2015. ''(En francés)''</ref>
 
Dentro de Suíza, Swissquote ten unha asociación con PostFinance segundo a cal o banco pasou a ser a plataforma de comercio para os clientes de PostFinance en 2016. Tamén colabora co banco [[Cantóns de Suíza|cantonal]] de [[Bâle-Campagne]] en todo o relativo ás [[Hipoteca|hipotecashipoteca]]s en liña.<ref>"[http://www.swissquote.ch/sqw-static/mortgage/public.jsp?l=f Misez sur des partenaires fiables]". Na páxina web oficial de Swissquote. ''(En francés)''</ref>
 
== Notas ==