Conversa:Karbo Deportivo: Diferenzas entre revisións

Último comentário: hai 6 anos de Jorges65
Contido eliminado Contido engadido
Jorges65 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "Que eu saiba, xurídicamente o Karbo era un club (tal e como era o Fabril Deportivo antes de que a [http://lafutbolteca.com/clubs-patrocinadores-y-filiales-equipos-principales-y-d..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de novembro de 2017 ás 07:03

Que eu saiba, xurídicamente o Karbo era un club (tal e como era o Fabril Deportivo antes de que a RFEF obligase a transformar os filiais en equipos dependentes), mentres que a sección de fútbol feminino que recentemente creou o Deportivo é directamente un equipo pertencente ó propio Deportivo (Listaxe de equipos na ficha do Deportivo na web da FGF) que non se pode considerar sucesora do anterior porque en 1988 foi disolto. Polo tanto considero que a creación da sección feminina do Deportivo non se pode considerar unha "refundación" do Karbo Deportivo que desapareceu en 1988 e ámbolos equipos deberían ter artigos diferentes.

Podería ser distinto se o Karbo fose un equipo dependente do Deportivo e non un club con entidade xuridica propia, pero polo que teño visto nos anuarios da RFEF aparecen como entidades diferentes.–Jorges65 (conversa) 2 de novembro de 2017 ás 07:03 (UTC)Responder

Volver á páxina "Karbo Deportivo".