Redondela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 771:
O máis antigo é o viaduto de Madrid. A súa construción combinou a técnica vangardista do ferro e a tradicional cantaría dando como resultado unha ponte de ferro sostido por piares de pedra, e foi construído pola empresa francesa Compagnie des Fives Lilles.<ref>Antuña Souto CA, Antuña Castro J. ''Os viadutos de Redondela: arquitectura, arte e estética.'' Seminario de Estudos Redondeláns. ISSN 1698-8051, Nº4, 2007, páxs. 103-132</ref> Rematouse en [[1876]] e conta con 411 metros de lonxitude incluídos os extremos de acceso. A primeira locomotora cruzou o viaduto o [[30 de xuño]] de 1876. Cóntase que Pedro Floriani, un dos contratistas ou subcontratistas do viaduto tentou suicidarse lanzándose dende el porque non lle pagaron o seu traballo baixo a desculpa de que nunca entraría en servizo porque estaba mal feito. Malferido conseguiu sobrevivir o suficiente como para ver pasar a primeira locomotora. O viaduto deixou de prestar servizo en [[1971]].
 
O Viaduto de Pontevedra inaugurouse o [[30 de xuño]] de [[1884]], pola necesidade de comunicar a liña [[Ourense]]-[[Vigo]] con Pontevedra. A diferenza do de Madrid, a estrutura está soportada por piares metálicos. Aíndae aínda está en servizo.
 
[[Ficheiro:CPeneda.jpg|miniatura|Capela da Virxe das Neves, no [[Monte da Peneda]], [[O Viso, Redondela|O Viso]].]]