República Catalá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎2017: Carles Puigdemont: Finalización proposta
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 123:
Dentro do chamado [[proceso independentista catalán]], trala [[vía catalá]] de 2013 e no contexto do [[referendo de autodeterminación de Cataluña]] finalmente exercido como [[consulta sobre a independencia de Cataluña]] de 2014, o [[referendo sobre a independencia de Cataluña de 2017|1 de outubro de 2017]] levouse a cabo un [[referendo]] en Cataluña, que o goberno central consideraba ilegal, polo que impediu que se celebrase con normalidade co envío de unidades da [[Garda Civil]] e a [[Corpo Nacional de Policía|Policía Nacional]]. Porén, segundo os resultados definitivos o número de votantes foi de 2.286.217, o 43% do censo catalá, dos que o 90'18% estaba a favor da independencia de Cataluña, que foi declarada o 10 de outubro por Carles Puigdemont e suspendida aos poucos segundos a espera dunha mediación co goberno español.
 
O día [[27 de outubro]] do mesmo ano, votouse no ''[[Parlamento de Cataluña|Parlament]]'' unha declaración de independencia. Tras ausentarse do hemiciclo os deputados de [[Cidadáns-Partido da Cidadanía|Ciutadans]], [[Partit dels Socialistes de Catalunya|PSC]] e [[Partit Popular Català|PP]], procedeuse a unha votación secreta que deu lugar, ás 15:37, á proclamación da República catalá, co voto positivo de 70 deputados, 10 en contra e 2 votos en branco. Minutos despois, no [[Senado de España|Senado]], aprobouse a aplicación do artigo 155 da [[Constitución española de 1978|Constitución]] por 214 votos a favor, 47 en contra e unha abstención.<ref>{{cita novas |título=El Parlament aprueba la República catalana y el Senado responde con el 155 |xornal=[[Público]] |url=http://www.publico.es/politica/directo-catalunya-independencia-1.html |data=27-10-2017 |dataacceso=27-10-2017 |lingua=es}}</ref> Como consecuencia disto, o Goberno de España declarou ás poucas horas o cesamento do Goberno catalán, a asunción das súas competencias<ref>{{cita novas |url=http://www.publico.es/politica/saenz-santamaria.html |xornal=Público |título=Todo el poder para Sáenz de Santamaría |data=28-10-2017 |dataacceso=28-10-2017 |lingua=es}}</ref> e a convocatoria de novas eleccións autonómicas para o [[21 de decembro]]<ref>{{cita novas |url=http://www.publico.es/politica/rajoy-anuncia-disuelve-parlament-y-convoca-elecciones-21-diciembre.html |xornal=Público |título=Rajoy cesa al Govern, disuelve el Parlament y convoca elecciones para el 21 de diciembre |data=27-10-2017 |dataacceso=28-10-2017 |lingua=es}}</ref>. Porén, Puigdemon non aceptou o devandito cesamento e fixo un chamamento a opoñerse pacificamente ás decisións gobernamentais<ref>{{cita novas |url=http://www.publico.es/politica/puigdemont-no-admite-cese-y.html |título=Puigdemont no admite su cese y pide una oposición pacífica y perseverante al 155 |data=28-10-2017 |dataacceso=28-10-2017 |lingua=es}}</ref>, declaración que apenas deu resultados. Tres días despois, vía [[Marsella]], o ''president'' Puigdemont e cinco ''consellers'' (un día despois, serían seis) viaxaron a [[Bélxica]]<ref>{{cita novas |url=http://www.publico.es/politica/asilo-politico-puigdemont-cinco-consellers-viajan-bruselas.html |título=Puigdemont se traslada a Bélgica y contacta con expertos en extradiciones |data=30-10-2017 |dataacceso=31-10-2017 |lingua=es}}</ref> coa aparente intención de mellorar a imaxe internacional do ''[[Proceso independentista catalán|Procés]]'', mentres en Barcelona ficaban o [[Vicepresidencia do Goberno de Cataluña|vicepresidente]] [[Oriol Junqueras]] e o resto dos conselleiros. Secasí, o control das institucións públicas catalás pasou ao Goberno español. Paralelamente, deu comezo unha xudicialización das actuacións relacionadas coa declaración de independencia desde a [[Audiencia Nacional de España|Audiencia Nacional]] pola instrución da xuíza [[Carmen Lamela]].
 
== Notas ==