Claude Bernard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 36:
== Traxectoria ==
=== Infancia ===
Claude Bernard neceu o [[12 de xullo]] de [[1813]]naceu na pequena localidade de [[Saint-Julien, Ródano|Saint-Julien]], no [[Beaujolais]], no seo dunha modesta familia de [[viticultura|viticultores]]. Estudou rudimentos de [[latín]] co cura da súa parroquia e despois comezou estudos de [[humanidades]] cos [[xesuíta]]s de [[Villefranche-sur-Saône]], rematándoos no colexio de [[Thoissey]].<ref name="marduel2006">Marie-Aymée Marduel (2006): ''Claude Bernard. Un physiologiste natif du Beaujolais: sa famille, sa vie, son œuvre'', 2006 [http://marduel.com/dossiers/claude-bernard.pdf .pdf].</ref>
 
=== Estudos en Lyon ===
Liña 48:
Para iso tivo que completar o bacharelato, o que consegue en [[1834]]. Seus pais entón pagaron 1 800 francos para que fose dispensado do servizo militar, o que lle deixa a vía libre para comezar os estudos de medicina en París. Alí compartiu un piso e a vida no ''[[Quartier Latin]]'', preto da [[Sorbona]], cos seus compañeiros [[Charles Lasègue]] (futuro eminente [[neuroloxía|neurólogo]]) e [[Casimir Davaine]] (que estaba facendo os seus primeiros traballos en [[microbioloxía]]). Viviu modestamente en París, mentres lle devolvía aos seus pais o diñeiro que gastaran nel grazas a unhas clases particulares que impartiu. En París quedou particularmente fascinado polos cursos que [[François Magendie]] imparatía no [[Colexio de Francia]].
 
En [[1839]] Bernard obtivo unha praza de interno, ocupando o posto 26 dun total de 29 opositores, e entrou en contacto con Magendie, cuxas polémicas clases despertaron nel unha inesperada pasiónpaixón polo descubrimientodescubrimento das leis [[fisioloxía|fisiolóxicas]]. Magendie sometía as [[hipótese]]s a contrastación [[experimento|experimental]] ante o seu [[audiencia (medios de comunicación)|auditorio]], ríndose abertamente cando algún [[experimento]] non transcorría segundo o anunciado pola [[teoría]] que el mesmo acabara de explicar na aula o día anterior. Magendie definíase como un trapeiro que percorre o terreo da [[ciencia]] recollendo feitos de aquí e de acolá, sen outra pretensión que "botalos ás costas". A elaboración dalgunha elegante e "pretensiosa" (preditiva) teoría a partir de tales feitos non tiña cabida no [[escepticismo]] de Magendie. Porén, Bernard, non se encontrou nunca cómodo cos supostos [[Epistemoloxía|epistemolóxicos]] do seu mestre, o que determinou que os seus intereses deran un novo xiro, pasando esta vez do ámbito puramente [[científico]] ao [[filosofía|filosófico]]. De aí que Claude Bernard pasara á [[pensamento|historia do pensamento]] non só polas súas achegas á [[fisioloxía]], senón tamén polo seu intento de fundamentar a posibilidade mesma dunha [[medicina]] —e, por extensión, dunha [[bioloxía]]— [[ciencia|científicas]]. Pese a que resulta un feito pouco coñecido polos estudosos da [[epistemoloxía]], Claude Bernard adiantou as principais teses de [[Karl Popper]] neste campo.
 
Bernard licenciouse en [[medicina]] en [[1843]]. En [[1847]] fundou a Sociedade Francesa de Bioloxía (''Société Française de Biologie''). En [[1853]], cun traballo sobre o [[zume gástrico]] e a [[glicosa]], conseguiu o doutoramento, pero a súa visión iconoclasta e modernizadora da investigación en medicina no lle permitiu encontrar un posto de traballo.<ref>Debray-Ritzen 1992, p. 101.</ref>
Liña 58:
En [[1868]] ingresou na [[Academia Francesa]]. Ese mesmo ano renunciou á súa cátedra da [[Sorbona]], e foi nomeado catedrático de Fisioloxía no [[Museo Nacional de Historia Natural de Francia]].
 
En [[1869]] foi nomeado [[Senado de Francia|senador]]. Cómpre sinalar que o alcalde republicano de Villefranche-sur-Saône negouse, tras a súa morte, a erixir unha estatua na vila, custeada por suscriciónsubscrición popular, alegando que se trataba dun antigo senador do [[Segundo Imperio Francés|Segundo Imperio]], e dun home separado.
 
Nin a vida profesional de Claude Bernard nin a súa vida familiar foron sinxelas. No que afecta á súa vida persoal, Bernard separouse da súa esposa en [[1869]], tras longos anos de mutua incomprensión nos que a súa muller chegou a fundar, xunto ás súas dúas fillas, un asilo para [[can]]s e [[gato]]s, co que expresaban a súa oposición á experimentación con animais. Ademais, o matrimonio houbo de enfrontar a morte prematura dun dos seus fillos. Desde o punto de vista profesional, a obra de Claude Bernard só foi recoñecida pola [[comunidade científica]] nos últimos vinte anos da súa vida.
Liña 105:
Bernard parte da idea de que os organismos vivos se encontran en constante interacción físico-química co medio que os rodea. Esta interacción é bidireccional e está orientada a un fin: a [[autoconservación]] de dito organismo, ou a súa interacción con outros para a conservación do todo. Dado que nos seres complexos esta interacción se sitúa a [[célula|nivel celular]], dito medio debe ser denominado neles "medio interno" (o medio interno é, segundo este modelo, o líquido que baña as células). Os fenómenos vitais veñen soportados por procesos estritamente físico-químicos. Cando un axente físico-químico interacciona con unha célula, esta "produce" un efecto fisiolóxico que lle é propio (segregar unha [[hormona]], contraerse, emitir unha descarga eléctrica, dilatarse...), sen que a análise científica dos [[fenómeno]]s [[vida|vitais]] poida estenderse máis alá. Deste modo, xunto coa súa "carta de cidadanía" como auténtica ciencia, Bernard impón á bioloxía uns límites claros: xamais poderá pronunciarse acerca da esencia da vida, se ben será capaz de elaborar leis relativas ás súas condicións físico-químicas. A ciencia deberá renunciar a dar unha resposta á vella pregunta polo "que" (que é a vida), para limitarse a un [[positivismo|positivista]] "ver para prever".
 
Porén, o [[positivismo]] de Claude Bernard non é un positivismo estrito. Enfrontándose ás influentes teses de [[Comte]], Bernard será un dos poucos científicos franceses partidarios da [[teoría celular]]. MientresMentres que os científicos do seu contorno encontraban en dita teoría sospeitosos vestixios de ideoloxía romántica —fronte á que o positivismo de Comte precisamente se erixira en reacción—, Claude Bernard reservou sempre na súa epistemoloxía un lugar privilexiado para as [[hipótese]]s. Deste xeito, aínda recoñecendo a carga hipotética —e, por tanto, especulativa— da teoría de [[Schleiden|Matthias Schleiden]] e [[Theodor Schwann]], Claude Bernard ve nela unha auténtica [[teoría científica]]. Dado que a ciencia non pode prescindir das hipóteses (Claude Bernard fuxe do empirismo de Magendie), a única condición que lles impuxo a epistemología bernardiana —co fin de salvagardar a súa medicina experimental dos excesos do romanticismo— foi un constante sometemento ao [[experimentación|control experimental]]. Con iso, o trapeiro de Magendie deixa de servir como imaxe ilustradora do labor dos científicos. A partir de agora quedan lexitimados para estruturar os feitos que recollen —no [[laboratorio]] ou na cabeceira dos [[enfermidade|enfermos]]— en hipóteses máis ou menos ambiciosas ou arriscadas. E aínda máis, é precisamente a presenza previa (Claude Bernard utilizaba a expresión "[[a priori]]") de hipóteses na mente do investigador o que lle permite observar e rexistrar feitos. Unha mente sen hipóteses é, para Bernard, unha mente cega, incapaz de abrirse á natureza.
 
==== A medicina segundo Claude Bernard ====
Liña 112:
A consecuencia epistemolóxica máis importante da concepción bernardiana do [[método científico]] é o protagonismo da [[dedución]]: as hipóteses a partir das cales se establecen os [[siloxismo]]s da dedución xorden na mente do experimentador con ocasión da observación de determinados [[Feito científico|feitos]], pero non son o resultado dun proceso de [[Razoamento indutivo|indución]] levado a cabo a partir deles. En contra dos supostos dos indutivistas, Bernard entendía que o [[Universal (metafísica)|universal]] só pode proceder do universal.
 
De feito, Bernard emprega moitas veces a equívoca expresión "ideas a priori" para referirse ás hipóteses científicas. Con iso quere poñer de manifesto que estas non deben seren entendidas como un mero destilado dos feitos que a nostranotra mente se limita a recoller e a plasmar. O proceso de xénese de ditas hipóteses débese, máis ben, á [[creatividade]] do científico que as elabora. Proceden dunha cualidade psicolóxica á que Bernard denomina 'sentimento' ou 'corazón', aínda que non poden carecer duns criterios mínimos de racionalidade.
 
A epistemoloxía bernardiana sitúase, deste modo, nun punto equidistante dos catro polos que configuran o seu entorno científico e filosófico: o ''[[empirismo]]'' de Magendie (e o seu consiguinteconseguinte escepticismo), o ''[[racionalismo]]'' dos científicos románticos (a as súas excesivamente especulativas teorías biolóxicas), o ''[[vitalismo]]'' de Bichat (que facía dos fenómenos vitais o terreo propio da espontaneidade, inaccesíbel ao coñecemento científico), e o ''[[positivismo]]'' de Comte (co seu rexeitamento das hipóteses).
 
== Criticismo ==