Cambio lingüístico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Category:Historia da lingua
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
O cambio lingüístico diferénciase da [[variación lingüística]] en que no primeiro as modificacións son [[diacronía|diacrónicas]] e, polo tanto, estudadas pola [[lingüística histórica]], mentres que no segundo caso, xa que as ''variacións'' son [[sincronía|sincrónicas]], son analizadas, entre outras disciplinas, pola [[sociolingüística]].
 
Dous factores que interviñeron dende sempre no '''cambio lingüístico''' foron os [[préstamospréstamo]]s e a [[analoxía]].
 
Os '''cambios lingüísticos''' agrúpanse por conveniencia en tres niveis: o [[cambio fonético]], o [[cambio morfosintáctico]] e o [[cambio léxico-semántico]].
Liña 8:
 
==Enfoque sociolingüístico==
 
Na [[lingüística]] do [[século XIX]], a [[linguaxe]] considerábase como un ser biolóxico co seu nacemento, desenvolvemento ou evolución, e morte. Cada fase do desenvolvemento está marcada por unha serie de '''cambios lingüísticos'''.
 
Liña 13 ⟶ 14:
 
==Causas externas do cambio lingüístico==
 
No cambio lingüístico chamamos causas externas ás que están motivadas por factores sociolingüísticos relacionados coa historia dos falantes da lingua, como os seus contactos con outras persoas doutras linguas, os factores demográficos e as súas influencias culturais.
 
==Causas internas do cambio lingüístico==
 
As causas internas do cambio lingüístico son aquelas relacionadas coa estrutura da propia lingua e o equilibrio que toda lingua debe manter entre facilidade de produción e facilidade de comprensión. As causas internas maniféstanse na existencia de cambios lingüísticos que se presentan xuntos, así por exemplo a perda de certas consoantes finais en [[latín]] erosionou a [[flexión (lingüística)|flexión nominal]] e iso á súa vez fixo que, para seguir expresando sen ambigüidade as relacións sintácticas, a orde de palabras fose máis fixa (suxeito-verbo-obxecto).