Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
pequenos arranxos e engadidos
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎As crises repetitivas: pequenos cambios
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 117:
Malia a vontade popular de poñer fin á guerra, a participación na primeira guerra mundial non variou. En abril, a publicación dunha nota secreta do goberno aos seus aliados, dicindo que non poñerían en perigo os tratados tsaristas e que continuarían coa guerra, provocou a ira entre os soldados e os traballadores.<ref>[http://fr.ca.encarta.msn.com/encyclopedia_761569348_2____43/R%C3%A9volution_russe_de_1917.html#s43 « Les ''thèses d’avril'' de Lénine et la chute de Milioukov»], encyclopédie [[Encarta]].</ref> As manifestacións a favor e en contra do goberno causaron os primeiros enfrontamentos armados da revolución, obrigando á renuncia do ministro de Relacións Exteriores, o historiador [[Pável Miliukov]] do [[Partido Democrático Constitucional|KD]]. Os socialistas moderados entraron a continuación no Goberno, co apoio da maioría dos traballadores que crían que poderían exercer presión para poñer fin á guerra.
 
Ao mesmo tempo, pouco logodespois do seu regreso en tren a Rusia, Lenin publicou as súas ''[[Teses de abril]]''. Continuando cos argumentos expostos en ''[[O imperialismo, fase superior do capitalismo|O imperialismo, estado supremo do capitalismo]]'', afirmou que o capitalismo entrara en «fase de putrefacción» e que a burguesía xa non era capaz, nos países recentemente industrializados, de asumir o papel revolucionario que xa desempeñara no pasado. Para el, soamente poderíase deter a guerra e asegurar as conquistas da Revolución de Febreiro dando todo o poder aos soviets. Lenin negábase a prestar calquera tipo de apoio ao Goberno provisional e demandou a confiscación das terras e o seu posterior redistribución entre os campesiños, o control obreiro sobre as fábricas e a transición inmediata a unha república de soviets.
 
Estas ideas eran moi minoritarias no propio seo dos [[bolxevique]]s, que se mantiñan nunha liña común de apoio ao Goberno, chegando o xornal [[Pravda]], dirixido por [[Iósif Stalin|Stalin]] e [[Viacheslav Molotov|Molotov]], a falar publicamente da reanudación do traballo e a volta á normalidade. Pero co colapso económico e a guerra en curso, as ideas do partido bolxevique, dirixido por Lenin e por [[Lev Trotski|Trotski]] a partir de verán, foron gañando influencia. A principios de xuño, os bolxeviques xa eran maioría no [[Soviet de Petrogrado]] de deputados de obreiros e soldados.
Liña 151:
A finais de agosto de 1917, Kornílov organizou un levantamento armado, enviando tres rexementos de cabalería por ferrocarril a Petrogrado, co obxectivo de esmagar os [[soviet]]s e as organizacións obreiras para devolver a Rusia ao contexto bélico. Ante a incapacidade do Goberno provisional para defenderse, os bolxeviques organizaron a defensa da capital. Os obreiros cavaron trincheiras e os ferroviarios enviaron os trens a vías mortas, provocando que o continxente se disolvese.
 
As consecuencias do intento de [[golpe de Estado|golpe]] foron importantes: as masas se rearmaron, os bolxeviques puideron saír doda seusúa semiclandestinidade e en xullo, os [[Preso político|presos políticos]], incluído Trotski, foron postos en liberdade polos mariñeiros de [[Kronstadt]]. Para sufocar o golpe, Kerenskii solicitou a axuda de todos os partidos revolucionarios, aceptando a liberación e o rearmamento dos bolxeviques. Perdeu o apoio da dereita, que non lle perdoaba o sufocar o intento de vez, pero sen obter ao tempo o da esquerda, que o consideraba demasiado indulxente en canto ás represalias cara aos cómplices de Kornílov, e moito menos o apoio da extrema esquerda bolxevique, na que Lenin, desde o seu escondedoiro, deu a orde de non apoiar a Kerenskii e de limitarse a loitar contra Kornílov.
 
=== Ebulición popular, explosión campesiña e crecemento dos bolxeviques ===
[[Ficheiro:Presidium of the 9th Congress of the Russian Communist Party (Bolsheviks).jpg|230px|miniatura|Reunión [[bolxevique]] con [[Lenin]] á dereita da imaxe.]]
[[Ficheiro:First Red Guards in Petrograd, fall 1917 cropped.jpg|230px|miniatura|dereita|Manifestación de obreiros armados e a [[Garda Vermella]] en Petrogrado en 1917. ]]
Pouco a pouco, os obreiros e os soldados fóronse convencendo de que non podía haber unha reconciliación entre o antigo modelo de sociedade defendido por Kornílov e o novo. O golpe e a caída do Goberno provisional, que deu aos soviets a dirección da resistencia, fortaleceu e reforzou a autoridade e a presenza na sociedade dos bolxeviques. O seu prestixio ía en aumento: constrinxidos pola contrarrevolución, as masas radicalizáronse e os sindicatos aliñáronse cos bolxeviques. O [[31 de agosto]], o [[Soviet de Petrogrado]] xa era maioritariamente [[bolxevique]], escollendo a [[Trotski]] como o seu presidente o [[30 de setembro]].
 
Todas as eleccións foron testemuño do crecemento bolxevique: así, nas eleccións de [[Moscova]], entre xuño e setembro, o [[Partido Social-Revolucionario|PSR]] pasou de 375.000 a 54.000 votos, os [[menxevique]]s de 76.000 a 16.000 e o [[Partido Democrático Constitucional|KD]] de 109.000 a 101.000 sufraxios, mentres que os bolxeviques aumentaron de 75.000 a 198.000 votos. O lema «Todo o poder para os soviets» foi utilizado máis aló do ámbito bolxevique, sendo usado por obreiros do PSR ou polos menxeviques. O [[31 de agosto]], o [[Soviet de Petrogrado]] e outros 126 soviets votaron unha resolución en favor do poder soviético.
 
A revolución continuaba e acelerábase, especialmente nas zonas rurais. Durante o verán de 1917, os agricultores adoptaron medidas, tomando as terras dos señores, sen esperar á prometida reforma agraria e atrasada de forma constante polo Goberno. O campesiñado ruso, de feito, regresou á súa longa tradición de grandes levantamentos espontáneos (os ''bunts''), que xa marcaran o pasado nacional, como as revoltas protagonizadas por [[Stenka Razin]] no [[século XVII]] ou [[Yemelián Pugachov]] en tempos de [[Catarina II de Rusia|Catarina II]]. Non sempre violentas, estas ocupacións masivas de terras foron a miúdo o escenario de levantamentos espontáneos onde as propiedades dos amos eran queimadas, chegando eles mesmos a ser maltratados ou asasinados. Estes inmensos levantamentos campesiños, sen dúbida os máis importantes da historia europea, conseguiron que as terras compartísensese compartisen sen que o goberno condenase nin ratificase o movemento.
 
Sabendo que a «repartición negra» (nome da antiga organización [[narodnik|naródnik]] ''[[Repartición Negra]]'') estaba cumpríndose nos seus pobos, os soldados, de orixe maioritariamente campesiño, desertaron en masa co fin de poder participar a tempo na nova distribución das terras. A acción da propaganda pacifista e o desalento tralo fracaso da última ofensiva do verán fixeron o resto. As trincheiras baleiráronse aos poucos.
 
Así, os bolxeviques, aos que aínda llosse cualificaba en xuño como «insignificante puñadopresada de demagogos»<ref>[[Lev Trotski]], [http://www.marxists.org/francais/trotsky/livres/hrrusse/hrr36.htm « Marée montante»], en ''Histoire de la révolution russe''.</ref> controlaban a maior parte do país. Desde xuño de 1917, nunha sesión do Primeiro [[Congreso dos Soviets de Todas As Rusias|Congreso Panruso dos Soviets]], [[Lenin]] xa anunciara abertamente - durante unha soada discusión co [[menxevique]] [[Irakli Tsereteli]] - que os bolxeviques estaban dispostos a tomar o poder, pero que polo momento as súas palabras non foran tomadas en serio.<ref>Michel Heller et Aleksandr Nekrich, ''L'Utopie au pouvoir'', ''op. cit.'', p. 25. Marc Ferro, d'après le compte rendu des débats, précise qu'en « revendiquant le pouvoir pour son parti, très minoritaire, Lénine ne provoqua pas l'indignation deas députés mais un immense éclat de rire». ''La Révolution de 1917'', ''op. cit.'', p. 473.</ref>
 
== Outubro de 1917 ==