Emperador, emperatriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
Unha vez derrubado o Imperio Romano de Occidente, o [[Imperio Bizantino]] considerouse continuador da tradición romana, malia que abandonou a cultura latina pola antiga cultura helénica que dear orixe a aquela. Os emperadores bizantinos fixéronse chamar co termo grego ''[[Títulos e cargos do Imperio Bizantino|basileus]]'', que significa [[rei]]. Non obstante, no ámbito oriental comezou a cobrar forza tamén o título de [[Tsar]], derivado do nome latino [[César (título)|César]], e que se aplicou despois ao Tsar de [[Bulgaria]], para ser tomado no seu momento polos Tsares do [[Imperio Ruso]], unha vez caída [[Constantinopla]] en mans dos [[otománs]].
 
En Occidente non houbo Emperadores desde o ano [[476]], pero a [[Igrexa Católica]] se consideraba continuadora do Imperio, no campo espiritual. Inicialmente os papas romanos recoñeceron aos emperadores bizantinos como continuadores da tradición imperial romana, pero as crecentes desavinzas entre ambos (fundamentalmente porque os papas tiveron moitas veces que se defenderen coas súas propias armas de invasores estranxeiros, sen recibiren axuda dos bizantinos que supostamente debían protexelos) fixeron que o [[Papa]] volvese a mirada cara o crecente poder político dos [[francos]]. Desta maneira os Papas chamaron a [[Pipino o Breve]] na súa axuda, entronizándoo como rei dos francos en recompensa. O seu fillo [[Carlomagno]] foi coroado [[Emperador de Occidente]] o ano [[800]] en Roma, nun xesto do Papa [[León III, Papa|León III]]; oficialmente sostense que por agradecemento ante a súa intervención durante unha revolta en Roma, pero é posíbel que fora motivado polo crecente acercamento entre Carlomagno e [[Irene]], á sazóndaquela emperatriz de Bizancio, o que ía en contra dos seus intereses. No ano [[812]], o emperador bizantino [[Miguel I Rangabé]] recoñeceu a Carlomagno como emperador de Occidente a través dun tratado firmado en Aquisgrán, malia que esta aceptación foi feble, xa que Bizancio consideraba que a nova realeza xermana non tiña lazo xurídico ningún co Imperio Romano, mentres que o Imperio Bizantino si que era (no papel, polo menos) sucesor legal deste, en Oriente.
 
Despois de que os netos de Carlomagno se repartiron o seu imperio no [[Tratado de Verdún]] ([[843]]), houbo varios reis que con maior ou menor fortuna intentaron facerse recoñecer como Emperadores, tratando de forzar ao Papa mediante o envío de expedicións militares a [[Italia]]. Finalmente o ano [[962]] o rei xermano [[Odón o Grande]] conseguiu ser coroado lexítimo Emperador de Occidente, o que o proclamaba como herdeiro de Carlomagno, fundándose así o [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. Os seus sucesores conservarían o título ata o ano [[1806]], malia que o propio Sacro Imperio Romano Xermánico foi practicamente desmantelado en [[1648]], despois do [[Tratado de Westfalia]].
Liña 21:
=== Imperio Napoleónico ===
{{Artigo principal|Primeiro Imperio Francés}}
A chegada de [[Napoleón Bonaparte]] cambiaría as cousas. Durante o [[Século XVIII]] producírase un forte renacemento do clasicismo romano ([[Neoclasicismo]]), que vinculara á idea de que a [[Razón]] había superar o escurantismo que se identificaba coa [[Idade Media]]. No político (e tamén no artístico), Napoleón tratou xustamente de regresar ao modelo imperial romano, polo que se transformou en cabeza dun goberno directorial á maneira romana: o [[Consulado (Francia)|Consulado]]. Napoleón finalmente mandou chamar mediante presións e ameazas ao Papa [[Pío VII]] para coroarse Emperador na [[Catedral Notre Dame de París]], o ano [[1804]]. Non obstante, no momento decisivo e nun xesto de orgullo, Napoleón arrebatou ao Papa a coroa imperial, e cinguiuna el mesmo, como un xesto segundo o cal el mesmo se facía o home máis poderoso da Terra. Con todo, aínda seguía existindo o Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, á sazóndaquela [[Francisco II]], quen optou por renunciar ao seu título en [[1806]] e adoptar o de Emperador de [[Austria]] co nome de [[Francisco I de Austria|Francisco I]].
 
O xesto de Napoleón non só foi cualificado como unha usurpación por parte dun recentemente chegado sen títulos legais nin xurídicos para a súa acción, senón que ademais abriu a espita para outros que acto seguido se proclamaron Emperadores nos máis curiosos lugares da terra. Desta maneira, en [[Haití]] reinaron os Emperadores [[Xacobo I de Haití]] (1804-1806) e [[Faustino I]] (1847-1859). En [[México]], o xeneral [[Agustín de Iturbide]] proclamouse como Emperador [[Agustín I]] en [[1821]], malia que sería derrocado ao ano seguinte; en [[1864]] asumiría [[Maximiliano I de México|Maximiliano I]] en México, entronizado polos exércitos de [[Napoleón III]], e duraría en funcións ata ser fusilado en [[1867]]. Ao ano seguinte que Agustín Iturbide, en [[1822]], proclamouse o Imperio de Brasil, con [[Pedro I de Brasil]] como Emperador; este duraría ata a proclamación da República en [[1888]]. En [[1871]] o Rei Guillerme de [[Prusia]], despois da [[Guerra franco-prusiana]], e considerándose lexítimo herdeiro do Sacro Imperio Romano Xermánico (que seguía existindo xuridicamente baixo a forma de [[Imperio Austrohúngaro]], ao cal os propios prusianos derrotaran militarmente en [[1866]]), proclamouse Emperador de [[Alemaña]]. E en [[1976]] o xeneral africano [[Jean-Bédel Bokassa]] (admirador de Napoleón Bonaparte) transformou a [[República Centroafricana]] en [[Imperio Centroafricano]], e el mesmo proclamouse [[Bokassa I]] nunha desmesurada cerimonia; este ditador duraría ata [[1979]], ano en que foi derrocado por unha sublevación popular.