República Catalá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 92:
Durante a [[Guerra do Rosellón]] entre España e a [[Primeira República Francesa|República Francesa]], en [[1793]], sectores dirixentes desta propuxeron a creación dunha República Catalá irmandada coa francesa, ao estilo das outras repúblicas clientes que se crearon co avance do exército revolucionario.
 
O [[10 de febreiro]] de [[1808]] deu comezo a [[Guerra da Independencia española]], cando as tropas francesas invadiron por sorpresa Cataluña, tomando rapidamente [[Barcelona]]. Porén, a conquista territorial do Principado foi lenta, non completándose ata finais de [[1811]]. A principios de [[1810]], [[Napoleón I de Francia|Napoleón]] concedeu a independencia a Cataluña baixo a tutela francesa<ref>{{cita libro |apelido=Hernández Cardona |nome=Francesc Xavier |título=Història de Catalunya |editorial=Rafael Dalmau Editor |ano=2006 |páxinas=198 |isbn=9788423206964 |lingua=ca}}</ref>, nomeando como o seu primeiro Gobernador Xeral ao xeneral [[Pierre François Charles Auguereau]]<ref>{{cita libro |apelido=Mestre i Campi |nome=Jesús (director)|título=Diccionari d'Història de Catalunya |editorial=Edicions 62 |ano=1998 |páxina=76, entrada: "Augereau, Pierre François Charles" |isbn=84-297-3521-6 |lingua=ca}}</ref>. Auguereau iniciou unha ampla batería de medidas reformadoras, entre as que destacaba a defensa do idioma catalán e a loita contra a corrupción. Pero, algúns reveses militares, provocaron a súa destitución o [[26 de maio]] e a súa substitución no Goberno polo mariscal [[Étienne -Jacques -Joseph-Alexandre Macdonald]], que centrouse en cuestións bélicas, esquecéndose das reformas do seu antecesor. Durante o seu mandato completouse a conquista de Cataluña, e, finalmente, o [[26 de xaneiro]] de [[1812]], o emperador francés decretou a súa anexión ao Imperio. Vanse crear catro departamentos: ''Ter'', con capital en [[Girona]]; ''Segre'', con capital en [[Puigcerdà]]; ''Montserrat'', con capital en Barcelona; e ''Bocas do Ebro'', con capital en [[Lleida]]. A administración da rexión integrada no Imperio dependía de dous intendentes e catro prefectos ou xefes de departamento. Cataluña pasou a ser así unha provincia francesa [[de facto]], aínda que non de dereito, no entanto a precariedade do asentamento francés impediría a consolidación do sistema<ref>{{cita web |apelidos=Moreno Cullell |nome=Vicente |título=La Guerra del Francès: la Catalunya napoleònica |url=http://blogs.sapiens.cat/socialsenxarxa/2010/12/08/la-guerra-del-frances-la-catalunya-napoleonica/ |páxina-web=Sàpiens, descobreix la teva història |data=8-12-2010 |dataacceso=31-10-2017 |lingua=ca}}</ref>. Finalmente, Cataluña foi reincorporada ao Reino de España de [[Fernando VII]] en [[1814]].
 
=== 1873: O pacto federal de Tortosa ===