República Catalá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 78:
O [[26 de xaneiro]] de [[1641]] librouse a batalla de Montjuic contra o exército de Filipe IV, o cal, derrotado, viuse forzado á retirada. Un mes máis tarde morría Pau Claris.
 
A destitución do conde-duque de Olivares, a presenza doda fame e a peste e a promesa de Filipe IV de respectar as institucións catalás puxeron fin á guerra en [[1652]]. Pero iso non significaba a paz total.
 
Aínda que a [[Guerra dos Trinta Anos]] pechouse co [[Tratado de Westfalia]] de [[1648]], polo cal España perdía parte dos seus dominios no centro de [[Europa]], continuaba a guerra entre Francia e a monarquía hispánica, na que se vían especialmente envolvidos os territorios de [[Cataluña]] alén dos Pireneos. Cando en [[1659]] Luís XIV e Filipe IV asinan a [[Paz dos Pireneos]], este último cede a Francia os territorios pertencentes ao [[condado do Rosellón]] e parte norte do de [[condado de Cerdaña|Cerdaña]], invalidando así as demarcacións establecidas polas Constitucións de Cataluña.