Tareixa de Ávila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 15:
Tareixa conta que durante a súa enfermidade, ascendía dende o andar máis baixo, da "oración mental", ó de "oración do silencio" ou mesmo ó de "devocións de éxtase", que era unha de union perfecta con [[Deus]]. Durante esta estado final, Tareixa conta que experimentaba a miúdo unha rica ''"bendición de bágoas"''. Conforme a distinción católica entre [[pecado mortal]] e [[pecado venial|venial]] foise tornando clara para ela, pasou tamén a comprender o terror profundo do pecado e a natureza do [[pecado orixinal]]. En paralelo, tomou conciencia da súa propia impotencia en confrontar o pecado e decatouse da necesidade da suxeición absoluta a [[Deus]].
 
Por volta do ano 1556, varios amigos suxeriron que este coñecemento que lle fora revelado a Tareixa era de orixe [[Diabo|diabólica]] e non divina e, como resultado, Tareixa pasou a inflixirse a se mesma diversas [[tortura]]s e outras formas de [[mortificación]]. Mais o seu confesor, o padre [[Compañía de Xesús|xesuíta]] [[Francisco de Borja]], asegurou a divina inspiración dos seus pensamentos. No día de San Pedro de 1559, Tareixa convenceuse firmemente que [[Xesús de Nazaret|Xesús Cristo]] se lle apareceu de corpo presente, só que invisíbel. Estas visións continuaron por máis de dous anos ininterrumpidosininterrompidos e, nunha delas, un [[serafín]] traspasou repetidamente o seu corazón coa punta inflamada dunha lanza dourada provocando nela unha inefábel dor espiritual e corporal:
{{citação2|Eu vin na súa man unha longa lanza de ouro e, na punta, o que parecía ser unha pequena chama. Pareceume que el estaba lanzándoa por veces no meu corazón e perforando as miñas entrañas; cando el a puxaba de volta, parecía levalas xunto tamén, deixándome inflamada cun grande amor de Deus. A dor era tan grande que me facía xemir; e, malia ser tan avasaladora a dozura desta dor excesiva, non conseguía desexar que ela rematase...|Santa Tareixa de Ávila}}