Abrir o menú principal

Cambios

O 26 de setembro de 1939 ingresou na prisión de [[Cárcere de mulleres de Ventas|Ventas]]. Entre as reclusas alí encarceradas estiveran [[as Trece Rosas]], fusiladas o mes anterior sen chegar a tramitarse a súa solicitude de conmutación de pena.
 
A directora do penal era a [[Compañía de Santa TeresaTareixa de JesúsXesús|teresiana]] Carmen de Castro, que fora alumna da Institución Libre de Ensinanza.<ref>Lafuente, Isaías. ''Agrupémonos todas''. Aguilar, 2003.</ref> Matilde, quizais por iso, conseguiu a súa autorización para organizar na súa propia cela da galería de penadas -que reunía ás condenadas a morte coa finalidade de separalas do resto de reclusas, y que naquelas datas chegou a albergar até 190 penadas- unha oficina onde realizou unha impresionante tarefa de axuda ás presas condenadas a morte: era a coñecida oficina de penadas, un gabinete de asistencia xurídica ás presas -fundamentalmente tramitación de recursos para conseguir a súa exculpación-, que conseguiu evitar o fusilamento dalgunhas delas. Aínda que os seus logros al respecto no foron cuantitativamente elevados, consolidouse como un importante apoio psicolóxico que posibilitou establecer unha rede de axuda entre as mulleres e entre elas e as súas familias ante situacións desesperadas e incertas, xeralmente enfrontadas a unha situación de absoluta indefensión legal.
 
Foi procesada en [[consello de guerra]] polo capitán Álvaro Soto Burgos o 7 de decembro de 1939, polo delito de adhesión á rebelión. Condenada á pena de morte, grazas ás xestións realizadas pola súa irmá Aida co [[filósofo]] e naquel momento [[sacerdote]] [[Manuel García Morente]], converso moi ben relacionado co réxime, alumno e profesor da ILE<ref>[http://www.fundacionginer.org/personalidades.htm Fundación Francisco Giner de los Ríos.] Personalidades.</ref><ref>[http://www.uned.es/dpto-hdi/museovirtualhistoriamasoneria/5historia_masoneria_espana/ILE%20y%20M.htm ''La Institución Libre de Enseñanza y la Masonería.''] UNED.</ref> e amigo de Rubén Landa Vaz, irmán de Matilde, a súa pena foi conmutada pola inmediatamente inferior de trinta anos de reclusión o 18 de xuño de 1940.
179.052

edicións