Casa dos Austria: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Un emperador e un rei (1521-1556): arranxiño |
Sen resumo de edición |
||
Liña 116:
Se Carlos continuou a práctica da Inquisición, [[Filipe II de España|Filipe II]] expandiuna, e fixo da ortodoxia relixiosa un obxectivo da política pública. En [[1559]], tres anos despois de que Filipe chegase ao poder, prohibiuse aos estudantes de España viaxar ao estranxeiro, os líderes da Inquisición foron postos a cargo da censura, e impediuse a importación de libros. Filipe intentou con vigor eliminar o protestantismo en España, participando en innumerables campañas para eliminar a literatura [[luterana]] e [[calvinista]] do país, esperando evitar [[Guerras de relixión de Francia|o caos que ocorría en Francia]].
A igrexa en España fora [[purga]]da de moitos dos seus excesos administrativos no século XV polo [[Gonzalo Jiménez de Cisneros|Cardeal Cisneros]], e a Inquisición serviu para expurgar a moitos dos reformadores máis radicais que intentaban cambiar a teoloxía da igrexa a como os reformadores protestantes querían. En cambio, España, recentemente saída da [[Reconquista]], converteuse na impulsora da [[Contrarreforma]]. Desenvolvéronse en España dous fíos únicos de pensamento contrarreformista nas persoas da abulense
[[Ficheiro:Embarco moriscos en el Grao de valencia.jpg|miniatura|dereita|300px|A expulsión dos [[Mourisco]]s de [[Valencia]].]]
Liña 164:
Os pintores máis destacados do Século de Ouro poderían ser O Greco e Velázquez. O primeiro, activo a fins do século XVI, é recoñecido polas súas representacións relixiosas. O segundo está considerado como o máis importante dos artistas españois no terreo pictórico polos seus precisos e realistas retratos da corte contemporánea de Filipe IV. Ademais destas dúas figuras capitais, un nutrido grupo de pintores secundáronlles con similares méritos: [[Bartolomé Esteban Murillo]], [[Francisco de Zurbarán]] ou [[José de Ribera]] cóntanse entre os pintores de primeira fila que produciu esta época.
O Greco, formado na súa terra natal de Creta e posteriormente en Italia, onde admirou e aprendeu a arte de [[Michelangelo]], chega a España para cultivar un peculiar [[manierismo]] relacionado co espírito [[Ascetismo|ascético]] e [[Misticismo|místico]] da realidade española do reinado de [[Filipe II de España|Filipe II]] e coa prosa e o verso destas correntes na súa vertente literaria de frei [[Luis de León]], [[
[[Ficheiro:Diego Rodríguez de Silva y Velázquez - Luis de Góngora y Argote - Google Art Project.jpg|miniatura|200px|Luís de Góngora, por [[Diego Velázquez|Velázquez]].]]
En canto a Velázquez, apréciase, ademais da súa pintura de corte, os de temas relixiosos, como ''[[O Cristo crucificado]]'', os de xénero mitolóxico, como ''[[A fragua de Vulcano]]'' ou ''[[O triunfo de Baco]]'' e ata se quixo ver nel a un precursor do impresionismo no tratamento da luz e a pincelada solta que reflicten os seus pequenos cadros da ''[[Vista do xardín da Vila Médicis, en Roma|Vila Médici]]''. Pero sen dúbida as súas obras mestras son ''[[As fiandeiras]]'', pintado cara ao final da súa traxectoria, e sobre todo ''[[As Meninas]]'', un cadro que produciu longas reflexións, como a que lle prodigou [[José Ortega y Gasset]].
|