Sección Femenina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Características: Arranxos varios
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Orixe ==
Era a rama feminina de [[Falange Española]], que foi dirixida dende a súa constitución por [[Pilar Primo de Rivera]], filla do ditador [[Miguel Primo de Rivera]] e irmá de [[José Antonio Primo de Rivera]], fundador da Falange. Compartía tanto os ideais coma a estética con este partido de corte fascista. As figuras de [[Isabel a Católica]] e [[TeresaTareixa de Ávila]] foron os [[símbolo]]s escollidos en representación da [[institución]].
 
A principal dirixente de Galicia foi [[María Victoria Eiroa]].
Liña 10:
Tiña como finalidade a beneficencia social, destinada principalmente aínda que non unicamente á muller. Estaba organizada en diferentes rexidurias repartidas polo pais. Dentro da súa labor social destaca: a atención médica, coidado de anciáns, garderías, centros para discapacitados tanto físicos como mentais... a reconstrución do patrimonio histórico como o [[Castelo de La Mota]]; formación de caravanas para asistir ás zonas rurais...
 
A súa patroa era [[TeresaTareixa de Ávila]] motivo polo cal a revista da sección feminina chamouse ''Teresa''.
 
Ao igual que o [[Auxilio Social]] e a [[Igrexa Católica]], a Sección Femenina tamén xogou un papel fundamental na reeducación e formación cristiá de nenos e mulleres, poñendo de relevo os valores [[Patriotismo|patrióticos]] e [[Cristianismo|cristiáns]], e avogando polo sometemento da [[muller]] á figura do home.