A '''República Catalá''' (en {{lang-ca|República catalanaCatalana}}) é unha das denominacións que ao longo da historia tomou [[Cataluña]] cando se dotou dos mecanismos de decisión da súa forma política. Así mesmo, é o obxectivo simbólico da loita política dunha parte do [[independentismo catalán|movemento independentista catalán]].
A República Catalá ou outras varias formas políticas de segregación respecto a [[España]] foron proclamadas, polo menos, en seis ocasións: no [[século XVII]] polos Brazos Xerais presididos por [[Pau Claris]] o ano [[1641]], no [[século XIX]] por [[Napoleón Bonaparte]] no ano [[1810]] e tamén no ano [[1873]] liderado por Baldomero Lostau,<ref>{{GEC|0038566|Baldomer Lostau i Prats}}</ref> no [[século XX]] por [[Francesc Macià]] no ano [[1931]], por [[Lluís Companys]], quen en [[1934]] proclamou o Estado Catalán, e polo [[Parlamento de Cataluña]], presidido por [[Carles Puigdemont]], en [[2017]]<ref>{{Cita novas |url=http://praza.gal/politica/15310/o-parlament-proclama-a-independencia-de-catalunya-e-o-estado-desprega-o-155 |título=O Parlament proclama a independencia de Catalunya e o Estado desprega o 155 |xornal=[[Praza Pública]] |data=27-10-2017 |dataacceso=27-10-2017 |cita=... a resolución aprobada proclama “a República Catalá como Estado independente e soberano, de dereito democrático e social”}}</ref>.