Audrey Hepburn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 40:
Nada en [[Ixelles]], un distrito de [[Bruxelas]], Hepburn pasou a súa infancia entre [[Bélxica]], [[Inglaterra]] e os [[Países Baixos]], incluíndo a [[Arnhem]] que estivo ocupada polos alemáns durante a segunda guerra mundial. En [[Ámsterdam]], estudou ballet con Sonia Gaskell antes de trasladarse a Londres en 1948 para seguir os seus estudos de ballet con [[Marie Rambert]] e traballar como corista nas producións musicais de West End.
 
Logo de aparecer en varias películas británicas e protagonizar a obra de Broadway de 1951, ''Gigi'', Hepburn interpretou o papel principal de ''[[Vacacións en Roma|Roman Holiday]]'' (1953), o cal valeulle un [[Oscar á mellor actriz]]. Máis tarde actuando en películas de éxito como ''[[Sabrina (1954)|Sabrina]]'' (1954), ''[[Historia dunha monxa (película)|The Nun's Story]]'' (1959), ''[[Breakfast at Tiffany's]]'' (1961), ''[[Charade (filme)|Charade]]'' (1963), ''[[My Fair Lady (película de 1964filme)|My Fair Lady]]'' (1964) e ''[[Wait Until Dark]]'' (1967), Hepburn recibiu nomeacións aos premios Oscar, [[Premios Globo de Ouro|Globo de Ouro]] e [[Premios BAFTA|BAFTA]] e devindicou un [[Premios Tony|premio Tony]] pola súa actuación teatral na obra de Broadway de 1954, ''[[Ondina (obra de teatro)|Ondina]]''. Hepburn segue sendo unha das poucas persoas que gañaron un Óscar, un Emmy, un Grammy e un Tony. Hepburn foi a primeira actriz en gañar un Oscar, un Globo de Ouro e un premio BAFTA por unha soa actuación: ''Roman Holiday'' en 1954.
 
Apareceu en menos películas a medida que a súa vida seguiu, dedicando gran parte da súa vida posterior a [[Unicef]]. Malia contribuír coa organización desde 1954, traballou nalgunhas das comunidades máis profundamente desfavorecidas de África, América do Sur e Asia entre 1988 e 1992. Foi galardonada coa [[Medalla Presidencial da Liberdade]] en recoñecemento ao seu labor como [[Embaixadores de boa vontade de Unicef|Embaixadora de boa vontade de Unicef]] a finais de 1992. Un mes máis tarde, Hepburn morreu de cancro apendicular na súa casa en Suíza a principios de 1993 á idade de 63 anos.<ref>{{cita libro|apelidos=de Givenchy|nome=Hubert|título=Audrey Hepburn|editor=Pavilion|localización=Londres|ano=2007|isbn=978-1-86205-775-3|páxina=19}}</ref><ref>{{cita libro|apelidos=Ferrer|nome=Sean|título=Audrey Hepburn, an Elegant Spirit|editor=Atria|localización=Nova York|ano=2005|isbn=978-0-671-02479-6|páxina=148}}</ref><ref name=barryparis>{{cita libro|apelidos=Paris|nome=Barry|título=Audrey Hepburn|editor=Berkley Trade|ano=2001|isbn=978-0-425-18212-3}}</ref>
Liña 87:
Durante os anos seguintes, Audrey converteríase nunha das actrices máis recoñecidas pola súa inigualable beleza natural, icona da sencillez na elegancia feminina e transparencia de personalidade. Foi considerada entre as máis queridas e populares da meca do cine e gozou da amizade de case todos os seus compañeiros de rodaxe.
 
Durante estes anos protagonizóprotagonizou ''[[Two for the road]]'' (''Dous na estrada''), ''How to Steal a Million'' (''Como roubar un millón''), ''Funny Face'', ''[[My Fair Lady (filme)|My Fair Lady]]'' (1964), o famoso musical multioscarizado, e o que se considera o papel da súa carreira, a [[Holly Golightly]] de ''[[Breakfast at Tiffany's]]'' (1961). Pero para Audrey o seu mellor papel foi, sen dúbida, o da irmá Lucas en ''The Nun's Story''. Ese papel, o coñecer ao seu protagonista real, as similitudes -ambas eran belgas e sufriran a guerra- fixo que Audrey recapacitara moito e se entregase máis aos seus labores humanitarios. É, sen dúbida, unha das mellores películas de Audrey e do cine, pero moitas persoas só ven a Audrey como un icona de moda pola súa actuación como Holly en ''Breakfast at Tiffany's''.
 
Audrey co seu glamour e a súa beleza, demostrounos en ''Roman Holiday'' (''Vacacións en Roma'') que tamén valía como actriz e co seu "I wanna say thank you to..." recibiu o [[Oscar á mellor actriz|Premio Oscar á mellor actriz]], o único que recibiría en toda a súa carreira.
Liña 100:
A mediados dos 50, Audrey non só era unha das maiores estrelas de Hollywood, senón un icona da moda. O seu estilo, tan persoal e elegante, era admirado e imitado. Ademais, era moi admirada polo público, como o demostra o seu [[Premios Globo de Ouro|Globo de Ouro]] á actriz máis querida en todo o mundo en [[1955]].
 
Sendo xa unha das actrices máis taquilleiras de Hollywood, Audrey contaba con compañeiros de repartición da talla de Humphrey Bogart (''Sabrina''), [[Fred Astaire]] (''[[Funny Face]]''), [[Maurice Chevalier]] e [[Gary Cooper]] (''[[Love in the afternoon]]''), [[William Holden]] (''[[Paris - When it sizzles]]''), [[George Peppard]] (''[[Breakfast at Tiffany's]]''), [[Cary Grant]] (''Charade''), [[Rex Harrison]] (''[[My Fair Lady (película de 1964filme)|My Fair Lady]]''), [[Peter O'Toole]] (''[[How to Steal a Million]]'') e [[Sean Connery]] (''[[Robin and Marian]]''). Moitos destes actores convertéronse en persoas moi próximas á actriz. Rex Harrison chamouna a súa «principal dama» -Audrey fíxose moi amiga da bailarina británica [[Kay Kendall]], que era a muller de Rex-; Cary Grant amaba o sentido do humor de Audrey. «Todo o que pido por Nadal é outra película xunto a Audrey Hepburn» dixo unha vez; e Gregory Peck converteuse nun dos seus amigos máis íntimos. Logo da morte da actriz, Peck foi á cámara e recitou o seu poema favorito, ''Unending Love'' de [[Rabindranath Tagore]]. Algúns creen que Audrey e Humphrey non mantiveron a súa amizade, pero iso é falso. Bogart fíxoo mellor con Audrey do que o faría calquera. Como ela despois diría: «Ás veces os tipos máis duros resultan ser os máis sensibles, como Bogey o é comigo».
 
En 1957 actuou en ''Funny Face'', unha das súas películas favoritas debido a que conseguía bailar con Fred Astaire. A esta seguiuna ''[[The Nun's Story]]'', un dos seus papeis máis dramáticos e atrevidos. Sobre este papel ''Films in Review'' dixo: «O seu papel calará a todos os que dixeron que é só un símbolo de muller sofisticada. A súa interpretación da irmá Luke é unha das mellores actuacións do cine». Audrey recibiu un nomeamento aos Óscar por este papel. [[Simone Signoret]] foi a agraciada co galardón neste ocasión.
Liña 117:
En [[1963]] protagonizaría xunto a [[Cary Grant]] a divertida "[[Charade (filme)|Charade]]",<ref name="imdb">[http://www.imdb.com/title/tt0056923/?ref=m_nv_sr_3 Charade en IMDb]</ref> enxeñosa parodia das películas de suspense.
 
A este papel seguiuno o de ''[[My Fair Lady (filme de 1964)|My Fair Lady]]'', de [[George Cukor]], da que se dixo que era a película máis esperada desde ''[[Foise co vento]]''. Elixiron a Audrey como protagonista por encima da por entón descoñecida [[Julie Andrews]], quen protagonizara o papel no musical de Broadway. A decisión de non contar con Andrews tomouse antes de contratar a Hepburn, quen nun principio rexeitou o papel e pediu que llo desen a Julie Andrews, pero cando se decatou de que ía ir a mans de [[Elizabeth Taylor]], quen tamén competía por ser a protagonista do filme, aceptouno. Os produtores estaban de acordo en que Hepburn era a opción perfecta. A polémica elección de Hepburn sobre Andrews tamén provocou a ira do actor [[Rex Harrison]], quen actuara xunto a Andrews na obra musical orixinal. Harrison atopábase molesto coa decisión do papel de Eliza alegando: «Suponse que Eliza Doolittle sintese incómoda nos bailes europeos. A maldita Audrey xamais pasou a súa vida fóra dos bailes europeos». Harrison, nunha entrevista despois, arrepentiuse do devandito e cando lle preguntaron quen fora a súa mellor acompañante durante a súa carreira sen pensalo dixo: «Audrey Hepburn». Julie Andrews tiña que filmar ''[[Mary Poppins]]'', que foi estreada o mesmo ano que ''My Fair Lady''. Nun primeiro momento, decidiuse que Audrey Hepburn rodaría as escenas musicais da película, pero non as cantaría. Diso encargábase [[Marni Nixon]], quen dobrou todas as súas cancións. Pero aínda así, Hepburn gravou as cancións. Na montaxe final da película optouse polas de Marni Nixon, que tamén están recollidas nos CDs, e non as de Hepburn, que están presentes en documentais e no material extra nos DVDs. Só varios números pertencen á actriz, como ''Just You Wait'' e ''I Could Have Danced All Night''. Cando lle preguntaron polos cambios de voz dos números musicais da película, simplemente respondeu: «''You could tell, couldn't you? And there was Rex, recording all his songs as he acted... next time''» e non dixo máis. Deixando ao carón a dobraxe, a actuación de Audrey era excelente, «Audrey Hepburn está magnífica, ela é a "Eliza" que se recordará», dixo Gene Ringgold, crítico de cine.
 
A polémica sobre a repartición da película alcanzou o seu cénit na tempada dos Oscar de 1964-1965, cando Audrey non estaba nomeada polo seu papel de Eliza, pero si o estaba Julie Andrews por ''Mary Poppins''. Os medios fixeron referencia á rivalidade entre as dúas actrices, cando ata elas mesmas negábana. O Óscar finalmente recaeu en Julie Andrews.