Antonia Ferrín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Foi filla do mestre de matemáticas Antonio Ferrín Moreiras, e netasobriña do mestre e xornalista [[Ángel Ferrín Moreiras]]. En [[1920]] trasladouse coa familia a [[Santiago de Compostela]]. Estudou o bacharelato no [[IES Rosalía de Castro|Instituto Arcebispo Xelmírez]] e en [[1930]] matriculouse na Facultade de Ciencias da [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Licenciouse en Químicas e obtivo ademais o título de [[mestre|mestra]], e xusto ao remate da súa licenciatura comezou a traballar, en [[1934]], como profesora axudante de [[Física]] e [[Matemáticas]] na súa facultade —unha das seis mulleres en facelo naquel momento—, e máis como profesora de Ciencias no instituto de [[bacharelato]] onde estudara. Porén, seguiu estudando e matriculouse en [[Farmacia]] e fixo os dous cursos de ciencias exactas que a Universidade de Santiago ofertaba naquela altura.
 
Polos seus posicionamentos políticos, en [[1937]] foi sancionada e apartada da docencia na Universidade de Santiago<ref>{{Cita web|url = http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/21451/|autor = |título = Nomes e voces. Antonia Ferrín Moreiras, expediente de sanción|dataacceso = 30/10/2014}}</ref>, ao igual que outros 45 profesores, entre os que se atopaban [[Enrique Rajoy Leloup]], [[Fernando Calvet]], [[Isidro Parga Pondal]] ou [[Francisco Fernández del Riego]], aínda que se lle permitiu seguir como profesora no colexio de nenas orfas Nosa Señora dos Remedios de Santiago<ref>{{Cita web|url = http://www-revista.iaa.es/41/antonia-ferr%C3%ADn-moreiras|autor = Ling, Josefina|título = Antonia Ferrín Moreiras, la primera astrónoma gallega|dataacceso = 30/10/2014}}</ref>. En [[1940]] revisouse o seu proceso e puido reincorporarse á docencia universitaria. Fíxoo como profesora axudante de [[Enrique Vidal Abascal]].