Amando Melón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
falando claro
Liña 11:
Coa chegada da [[Segunda República Española]] foi nomeado decano da Facultade de Filosofía e Letras, cargo que desempeñou ata 1941. Durante a década debeu facer fronte a dificultades derivadas da violencia política. En 1948 trasladouse á [[Universidade Central de Madrid]], onde foi titular da cátedra de Xeografía Xeral e descritiva ata a súa xubilación en 1965. A partir de entón foi director do [[Instituto Juan Sebastián Elcano]], do cal sería director honorario anos máis tarde; foi conselleiro primeiro do Consello Superior de Investigacións Científicas, secretario do Padroado Saavedra Fajardo, secretario do Departamento Internacional de Culturas Modernas e secretario do Padroado José María Cuadrado.{{Cómpre referencia}}
 
Finalmente foiFoi nomeado conselleiro honorario do Consello Superior de Investigacións Científicas e participou noutras actividades científicas e profesionais: vocal da xunta directiva da Real Sociedade Xeográfica, conselleiro nacional de Educación e académico numerario da [[Real Academia de la Historia]] dende o 21 de marzo de 1958.<ref name="ARAGONESA"/>
 
Foi catedrático de Xeografía na [[Universidade Central de Madrid]]. Ademais, foi un dos fundadores e director da revista ''Estudios Geográficos''. A súa obra máis coñecida, ''Geografía histórica española'', foi escrita en [[1929]], sete anos despois de obter a [[cátedra]] de Xeografía política e descritiva na [[Universidade de Valladolid]].
 
Foi director do [[Instituto Juan Sebastián Elcano]] dende 1949 ata 1975, ano da súa morte. Do mesmo xeito foi o creador da Escola de Xeografía de España, grazas ao seu discípulo Casas Torres.<ref name="ARAGONESA">{{Cita enciclopedia |url=http://www.enciclopedia-aragonesa.com/voz.asp?voz_id=8713 |capítulo=Melón Y Ruiz de Gordejuela, Amando |enciclopedia=Enciclopedia Aragonesa |lingua= Es }}</ref>