Xosé Luís Méndez Ferrín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiño e arranxiños
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo
Liña 16:
 
== Traxectoria ==
De neno viviu na casa materna na rúa da Reza de [[Ourense]]. O seu pai, Venancio Méndez Feijóo, era fillo dun comerciante de [[Vilanova dos Infantes, Celanova|Vilanova dos Infantes]]; e a súa nai, María Ferrín GonzálezNovoa, era filla do mestre e xornalista [[Ángel Ferrín Moreiras]]<ref>Salgado e Casado, 1989. Páx. 14.</ref>. Na cidade de Ourense fixo o primeiro curso de Bacharelato, e en [[1949]] trasladouse coa súa familia a [[Pontevedra]], onde rematou os estudos de grao medio no Instituto da cidade. Nesa etapa foi tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de [[Castelao]] ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional. Alí formouse na biblioteca de [[Andrés Muruais|Andrés]] e [[Jesús Muruais]], e publicou os seus primeiros textos na revista ''[[Litoral (Pontevedra)|Litoral]]'' co [[pseudónimo]] de Laín Feixoo.
 
En [[1955]] a súa familia trasladouse a [[Vigo]], e el foi estudar Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Alí tomou contacto co galeguismo cultural nucleado na [[Editorial Galaxia]] en torno á figura de [[Ramón Piñeiro]], pero non tardou en reclamar unha nova articulación da oposición política ao [[franquismo]] e do propio nacionalismo, o que provocou a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En [[1956]] foi primeiro premio de [[poesía]] nas [[Festas Minervais]] de Santiago. En [[1957]] foi vivir a [[Madrid]] e tres anos despois licenciouse en [[Filoloxía]] Románica. Nesta cidade mantivo estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí localizados. Así, en [[1958]], creouse o [[grupo Brais Pinto]], constituído en torno á editorial do mesmo nome. En [[1961]] seguiu un curso de cultura inglesa na [[Universidade de Oxford]], e entre [[1963]] e [[1965]] fixo diversas viaxes por [[Europa]]. Tras facer o servizo militar nas [[illas Canarias]], entre [[1962]] e [[1964]] foi mestre no [[Colexio Fingoi]] de [[Lugo]], até que en [[1965]] obtivo a Cátedra de Lingua e literatura Española do [[Instituto Santa Irene]] de [[Vigo]] instalándose finalmente nesa cidade.