Amando Melón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
* {{Cita libro |autor=Luis G. Martínez del Campo |artigo=Aragón y los aragoneses en el Centro de Estudios Históricos (Apéndice documental) |páxinas=257-308 |título=El Centro de Estudios Históricos (1910) y sus vinculaciones aragonesas |editorial=IF
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Gaudencio Amando Melón y Ruiz de Gordejuela''', nado en [[Zaragoza]] o [[22 de xaneiro]] de [[1895]] e finado en [[Madrid]] o [[17 de xuño]] de [[1975]], foi un [[xeógrafo]] [[España|español]].
 
== Traxectoria ==
Foi catedrático de Xeografía na [[Universidade Central de Madrid]]. Ademais, foi un dos pais fundadores da revista ''[[Estudios Geográficos]]'', onde tamén destacou por exercer o cargo de director. Así mesmo, pertenceu aos catedráticos da [[Real Academia de Historia]] dende o 21 de marzo de 1958. A súa obra máis coñecida{{Cómpre referencia}}, ''[[Geografía histórica española]]'', foi escrita en [[1929]], sete anos despois de obter a [[cátedra]] de Xeografía política e descritiva na [[Universidade de Valladolid]].
 
Foi director do [[Instituto Juan Sebastián Elcano]] dende 1949 ata 1975, ano da súa morte. Do mesmo xeito foi o creador da Escola de Xeografía de España, grazas ao seu discípulo Casas Torres.<ref name="ARAGONESA">* {{Cita enciclopedia |url=http://www.enciclopedia-aragonesa.com/voz.asp?voz_id=8713 |capítulo=Melón Y Ruiz de Gordejuela, Amando |enciclopedia=Enciclopedia Aragonesa |lingua= Es }}</ref>
 
=== Infancia e xuventude ===
Fillo de Esteban Melón del Saz e Ibarra, catedrático de Lóxica fundamental da [[Universidade de Zaragoza]] e Fidela Ruiz Gordejuela; creceu nunha casa chea de irmáns varóns. O seu pai proviña de [[El Cortijo, Logroño|El Cortijo]], [[Logroño]], do seo dunha familia da antiga pequena [[Nobreza|aristocracia]] local{{Cómpre referencia}}. Ao seu pai está dedicada a rúa maior da vila{{Cómpre referencia}}. En 1925 casou con Consuelo Infante Venero, filla dun senador coa que tivo dous fillos, un deles Carlos Melón Infante, tradutor do Código Civil de Alemaña e investigador de Dereito Civil no [[CSIC]], o outro, Fernando Melón Infante, profesor de Dereito Mercantil.
 
=== Educación e traballo===
Estudou Filosofía e Letras na [[Universidade de Zaragoza|Universidade César Agustana]]. Realizou as súas primeiras armas do [[maxisterio]].<ref name="ARAGONESA"/> En 1919 acabou os seus estudos de doutoramento, presentando a súa tese aos vinte e catro anos. En 1921 obtivo a cátedra de Xeografía política e descritiva da [[Universidade de Valladolid]], onde ensinou ata 1948.
 
Coa chegada da [[Segunda República Española|República]] foi nomeado decano da Facultade de Filosofía e Letras, cargo que desempeñou ata 1941. Durante a década debeu facer fronte a dificultades derivadas da violencia política. En 1948 trasladouse á [[Universidade Central de Madrid]], onde foi titular da cátedra de Xeografía Xeral e descritiva ata a súa xubilación en 1965. A partir de entón foi director do Instituto Juan Sebastián Elcano, do cal sería director honorario anos máis tarde; foi conselleiro primeiro do [[Consello Superior de Investigacións Científicas|CSIC]], secretario do Padroado Saavedra Fajardo, secretario do Departamento Internacional de Culturas Modernas, secretario do Padroado José María Cuadrado.{{Cómpre referencia}}.
 
Finalmente foi nomeado conselleiro honorario do [[Consello Superior de Investigacións Científicas|CSIC]] e participou noutras actividades científicas e profesionais: vocal da xunta directiva da Real Sociedade Xeográfica, conselleiro nacional de Educación e académico numerario da [[Real Academia de la Historia|Real Academia da Historia]]{{Cómpre referencia}}.<ref name="ARAGONESA"/>
 
== Obra ==
Liña 30:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |autor=Martínez del Campo, L. G. |capítulo=Aragón y los aragoneses en el Centro de Estudios Históricos (Apéndice documental) |páxinas=257-308 |url=https://ifc.dpz.es/publicaciones/ver/id/3045 |título=El Centro de Estudios Históricos (1910) y sus vinculaciones aragonesas |editorial=IFC |isbn=978-84-9911-055-4 |ano=2010 |lingua=es |urlcapítulo=https://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/30/45/11martinezcampo.pdf }}
* Melón y Ruiz de Gordejuela, Amando. ''Magallanes o La primera vuelta al mundo''. Ed. Luz, 1940
* Melón y Ruiz de Gordejuela, Amando. ''Mil aspectos de la tierra y del espacio'. Ed. Instituto Gallach, 1958