Ynys Môn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Ficha de illa
| nome = Anglesey
| nome_orixinal = <center>Ynys Môn</center>
| mapa = [[Ficheiro: Isle of Anglesey UK location map.svg |300px]]
| lenda = Mapa da illa
Liña 40:
Históricamente, Anglesey asociouse durante moito tempo cos [[druida]]s. No ano [60]] d.C. o xeneral [[Imperio romano|romano]] [[Cayo Suetonio Paulino]] decidiu acabar co poder dos druidas e atacou a illa, destruíndo o santuario e as [[lubre]]s (arboredas sagradas). As noticias da revolta de [[Boudica]] alcanzáronlle xusto logo da súa vitoria, facéndolle retirar a súa armada antes de consolidar a súa conquista. A illa foi finalmente incluída no Imperio romano polo gobernador [[Cneo Xullo Agricola]] no ano 78 d.C. Os romanos chamaron á illa ''Mona''.
 
''Môn'' é o nome [[lingua galesa|galés]] para Anglesey. Provén do británico ''enisis mona'', aparecendo por primeira vez durante a éra romana como 'Mona'. É ''Mona'' para [[Tácito]] (Ann. xiv. 29, Agr. xiv. 18), [[Plinio o Vello]] (iv. 16) e [[Dion Cassio]] (62). Chámaselle ''Môn Mam Cymru'' (''Môn, Nai de Gales'') por [[Giraldus Cambrensis]], pola afirmada capacidade da fértil terra para producir suficiente comida para toda [[Gales]]. Realmente, a afirmación estaba probablemente máis dirixida a unha capacidade para manter a [[Gwynedd]]. ''Clas Merddin'' e ''Y fêl Ynys'' (Illa Mel) son outros nomes. De acordo coas Tríadas (67), Anglesey foi nun principio parte do continente. Quedan 28 [[crónlech]]s na meseta con vistas ao mar; por exemplo a [[Plâs Newydd]]. Os druidas foron atacados no ano [[61]] por [[Suetonio Paulino]] e outra vez no [[78]] por [[Gnaeo Xullo Agricola|Agrícola]]. A actual estrada que discorre desde [[Holyhead]] ata [[Llanfairpwllgwyngyll]] podería ser nas súas orixes unha calzada romana.<ref>{{cite book|ref=harv|last=Chisholm|first=Hugh|authorlink=Hugh Chisholm|title=The Encyclopædia Britannica: A Dictionary of Arts, Sciences, Literature and General Information|url=https://books.google.com/books?id=zCAOAQAAMAAJ&pg=PA18|year=1910|publisher=Encyclopædia Britannica Company|page=18}}</ref> A illa foi agrupada por [[Tolomeo]] con [[Xeografía de Irlanda | Irlanda]] ("[[Hibernia]]") en lugar de con [[Gran Bretaña | Gran Bretaña]] ("[[Albion]]").<ref>{{citationcita libro|author=[[Ptolemy]] |title=[[Ptolemy's Geography|Geog.]] |at=Bk. 2, Ch. 1 & 2 }}</ref>
 
Ao final do periodo romano, finais do século IV e principios do século V, os piratas de [[Irlanda]] colonizaron Anglesey e a próxima [[península de Llŷn]] (''Llŷn'' en galés). En resposta, un xefe militar [[Reino Unido|británico]] do norte de Gran Bretaña chamado [[Cunedda]] dirixiuse á zona e comezou o proceso de expulsar aos irlandeses. Este proceso foi continuado polo seu fillo [[Einion Yrth ap Cunedda]] e o seu neto [[Cadwallon Lawhir ap Einion|Cadwallon Lawhir]] ata que os últimos irlandeses foron derrotados na batalla do ano [[470]]. Como illa, ''Môn'' tiña unha boa posición defensiva, e por isto foi a sede da corte ou ''Llys'' dos reis e príncipes de Gwynedd en [[Aberffraw]]. Agás dun saqueo devastador [[Dinamarca|Danés]] no ano [[853]], continuou coa súa situación ata o século XIII, cando as melloras nos navíos ingleses fixérona indefendible.