Semiótica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
 
Un dos grandes nomes na Semioloxía é [[Umberto Eco]], recoñecido polos seus traballos no campo das [[Teoría da Comunicación|comunicacións]], da [[estética]] e da semiótica. Como semioticista, nas obras ''A Estrutura Ausente'' e ''As Formas do Contido'', a súa produción é particularmente importante polos desenvolvementos que proporciona e pola estruturación que ten procurado. O seu ''Tratado Xeral de Semiótica'', alén de constituírse nunha verdadeira suma das principais abordaxes do tema, consegue deliñar unha teoría global da lingüística, a [[lóxica]], as [[lingua natural|linguas naturais]], a [[retórica]], a estética, a [[filosofía da linguaxe]] e a [[teoría da percepción]], reunidas nunha reorganización articulada e sistemática.
 
 
 
 
 
== leelo==
 
As orixes da semiótica contemporánea pódense identificar nas obras e reflexións de dúas figuras fundamentais, o filósofo norteamericano [[Charles Sanders Peirce]] ([[1839]]-[[1914]]) e o lingüista xenebrino Ferdinand de Saussure. Porén, a disciplina como tal atopa unha primeira definición institucional a partir dos anos sesenta do século XX coa obra de [[Roland Barthes]] ([[1915]]-[[1980]]) ''Elementos de semioloxía''.
 
Na semiótica conviven, polo tanto, dúas perspectivas diferentes, polo menos: unha filosófica ligada ás teorías de Peirce e unha lingüística derivada de Saussure. Inicialmente, co termo '''''semiótica''''' entendíase a perspectiva filosófica (o filósofo inglés [[John Locke]] utilizara por primeira vez o termo con esta acepción en [[1690]]), mentres que '''''semioloxía''''' se utilizaba do punto de vita lingüístico. Co uso, o termo ''semiótica'' veu a identificar as reflexións xerais teóricas e de método (o que Umberto Eco definíu como "semiótica xeral"), mentres que o termo ''semioloxía'' tense utilizado para identificar as diversas aplicacións do método semiótico en contextos particulares e obxectos de investigación, como "semioloxía da música", "semioloxía da arte" ou "semioloxía do cinema" (a "semiótica aplicada" de Eco).
 
A liña semiolóxico-lingüística da disciplina pódese identificar coas figuras do xa mencionado Saussure, do lingüista dinamarqués [[Hjelmslev]] e de Barthes. Desta liña teórica derivan dúas ds perspectivas máis interesantes da semiótica contemporánea, a '''semiótica estrutural e xerativa''' de [[Algirdas Julien Greimas]] e a '''sociosemiótica''', relacionada cos nomes de [[Jean Marie Floch]] ([[1947]]-[[2001]]) e [[Eric Landowski]].
 
A liña semiótico-filosófica derivada de Peirce e das teorías do outro filósofo [[pragmática|pragmatista]] norteamericano [[Chales William Morris]] ([[1901]]-[[1979]]) foi referencia fundamental para a semiótica interpretativa de Umberto Eco e para o traballo do semiólogo norteamericano [[Thomas Albert Sebeok]] ([[1920]]-[[2001]]), mais tamén polos contactos máis recentes entre a semiótica, a [[semántica]] e as [[ciencias cognitivas]], no traballo de Eco e de [[Patrizia Violi]].
 
Mesmo se o concepto teórico fundamental da semiótica é o do signo e da relación significante relativa ou semiose, dado que a semiótica estuda todos os fenómenos de significación e de comunicación, ten continuado por enfrontarse a un obxecto de análise en realidade máis complexo que o simple obxecto teórico "signo", o [[texto]]. O concepto de texto (do latín ''tessuto'', metaforicamente "trama do [[discurso]]"), pode limitarse a identificar unha serie de enunciados escritos autonomamente e autosuficientemente (esta segunda é a acepción da [[pragmática]] lingüística). No ámbito semiótico, a noción de texto vese ampliada para identificar calquer obxecto semiótico dotado dunha estrutura particular e visando obter un obxectivo comunicativo. Nesta acepción semiótica, o texto xa non é só o escrito, mais pode estar constituído de diversas [[substancia da expresión|substancias da expresión]] (un texto visual pode ser unha representación como produto audiovisual, dunha película ou un [[videoclip]]).
 
Sassure parece ter pensado na posibilidade dunha "ciencia que estude a vida dos signos no cadro da vida social". A lingüística sería unha parte desta ciencia e, pola súa volta, a semioloxía sería parte da área máis ampla da [[psicoloxía socia]]. A definición mesma de signo en Saussure está ligada dunha banda a unha perspectiva psicolóxica (signo = imaxe acústica+concepto) e doutra a outra social (convencionalidade do signo e concepto de lingua como un sistema lingüístico compartido socialmente).
 
Roland Barthes, nos seus ''Elementos de semioloxía'' de [[1964]], partiu da idea de Saussure da posibilidade de constituir unha "ciencia xerais dos signos", ou semioloxía. Mais reinvertiu a relación entre lingüística e semioloxía: é a segunda que fai parte da lingüística e non ao contrario. Isto debíase a que só na lingua resulta posíbel concebir e identificar o significado das diversas formas de significación que atopamos no contexto social e cultural: cinema, [[publicidade]], [[moda]], [[televisión]]. A semioloxía, por tanto, estuda as "grandes unidades significantes" do discurso social. Desta arte, Barthes atopaba puntos de contacto entre as investigacións de disciplinas como a [[antropoloxía]] (en particular a [[antropoloxía estrutural]] de [[Claude Levi-Strauss]], a [[psicanálise]] de [[Jacques Lacan]], a [[socioloxía]], e a análise literaria ou teoría da literatura ([[narratoloxía]]). Barthes toma en consideración algúns conceptos chaves do pensamento de Saussure e procura unha extensión ao aplicalos aos sectores culturais e sociais ([[lingua]]/[[fala]], [[significante]]/[[significado]], [[sistema]]/proceso ([[sintagma]]), [[denotación]]/[[connotación]]).
 
[[Category:Lingüística]]
 
[[af:Semiotiek]]
[[bg:Семиотика]]
[[ca:Semiòtica]]
[[cs:Sémiotika]]
[[da:Semiologi]]
[[de:Semiotik]]
[[en:Semiotics]]
[[et:Semiootika]]
[[el:Σημειωτική]]
[[es:Semiótica]]
[[eu:Semiotika]]
[[fa:نشانه‌شناسی]]
[[fr:Sémiologie]]
[[ko:기호학]]
[[id:Semiotika]]
[[is:Táknfræði]]
[[it:Semiotica]]
[[he:סמיוטיקה]]
[[lv:Semiotika]]
[[lt:Semiotika]]
[[hu:Szemiotika]]
[[mk:Семиотика]]
[[nl:Semiotiek]]
[[ja:記号学]]
[[no:Semiotikk]]
[[pl:Semiotyka]]
[[pt:Semiótica]]
[[ru:Семиотика (языкознание)]]
[[simple:Semiotics]]
[[fi:Semiotiikka]]
[[sv:Semiotik]]
[[ta:குறியியல்]]
[[tl:Semiotika]]
[[uk:Семіотика]]
[[zh:符號學]]