Ealhred de Northumbria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 2:
'''Ealhred''', '''Alhred''' ou '''Alchred''' foi rei de [[Reino de Northumbria|Northumbria]] de 765 a 774.
 
=== Traxectoria ===
Casou con [[Osgifu]], ben filla de [[Oswulf de Northumbria|Oswulf]] e neta de [[Eadberht de Northumbria|Eadberht]], ou filla de Eadberht, polo que estaba emparentado con Ecgberht, Arcebispo de York. Sobrevive unha xenealoxía que fai a Ealhred descendente de [[Ida de Bernicia]] a través dun fillo de nome Eadric.
 
[[Aethelwald Moll de Northumbria|Aethelwald Moll]] foi deposto en 765 e Ealhred converteuse en rei. Pouco se fala do seu reinado na ''[[Crónica anglosaxoa]]'', á parte de que foi rei, e de que posteriormente foi deposto e exiliado en 774. Símeón[[Simeón de Durham]] na súa ''[[Historia Regum Anglorum]]'' informa que fuxiu ao reino dos [[pictos]], onde foi recibido por [[Ciniod I|Ciniod]].
 
[[Frank Stenton]] nota a conexión de Eahlred coas misións inglesas no continente. A misión de San [[Willehad]], que levou á fundación do [[Arquidiocese católica latina de Bremen|Arcebispado de Bremen]], foi autorizada por unha asemblea relixiosa convocada por Ealhred. Tamén conservamos unha carta de Ealhred a San [[Lull]], Arcebispo de Maguncia, nativo de [[Wessex]].
 
Ealhred foi sucedido por [[Aethelred I de Northumbria|Æthelred]], fillo de Æthelwald Moll. O seu fillo [[Osred II de Northumbria|Osred]] sería rei posteriormente. Un segundo fillo, Ealhmund morrería durante o reinado de [[Eardwulf de Northumbria|Eardwulf]] e sería venerado como [[Alcmund de Derby]].
 
== Véxase tamén ==