Guillerme I de Sicilia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
h
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
d
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 44:
A principios de [[1155]] chegáronlle noticias a [[Manuel I Comneno|Manuel Comneno]] de que os [[nobre|baróns]] da [[Puglia]], que nunca viran con bos ollos aos [[Casa de Hauteville|Hauteville]], estaban planeando rebelarse contra o rei normando.{{Harvnp|Ravegnani, Giorgio|2004|p= 204}}
 
Entón o emperador enviou a [[Italia]] aos seus dous mellores xenerais Miguel Paleólogo e Xoán Ducas coa misión de tomar contacto cos baróns da Puglia e con Federico Barbarroxa: este estaba en [[Ancona]] e estaba disposto a tomar partido cos bizantinos, pero os seus baróns negáronse a continuar a campaña en Italia debido ao seu clima demasiado cálido e a varias enfermidades que esgotaran ás tropas. Pero Manuel non desesperou. A revolta contra os Hauteville estábase expandindo en toda a Italia meridional. Contra a fin do verán de 1155, o conde Roberto di Loritello, o líder da revolta, reuniuse en Vieste con Miguel Paleólogo. Os dous alcanzaron un acordo rápido: os nobres que se rebelaran contra os Hauteville gozaran de vantaxes económicas e de poder en tempos do poder de [[Constantinopla]], e desexaban que o Reino de Sicilia volvera a ser parte do [[imperio bizantino]]. Despois deste acordo os bizantinos uníronse aos exércitos dos nobres de Puglia, e estaban listos para atacar. A primeira acción foi en [[Bari]], que se rendeu rapidamente: o castelo real foi destruído polos baritanos, e comezaron a sitiar [[Brindisi]]. O exército do rei Guillerme foi decimado nos arredores de Andria.{{Harvnp|[[Xoán Cinnamo]]Cínamo|p= 138, 5-146, 17}}
 
Guillerme, porén, non estaba desprovisto de forza militar. Á súa chegada á [[península Itálica]] destruiu a frota e o exército gregos no sitio de Brindisi o [[28 de maio]] de [[1156]] e recuperou Bari.