Fernando VII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado referencias.
completo caixa de modelo e engado referencias
Liña 7:
|epígrafe =
|reinado =
|predecesor = [[Carlos IV de España]]
|sucesor = [[Xosé I]] (non recoñecido polas Cortes), despois [[Isabel II]]
|data de nacemento = [[14 de outubro]] de [[1784]]
|lugar de nacemento = [[San Lourenzo do Escorial]]
|data de defunción = [[29 de setembro]] de [[1833]] (48 anos)
|lugar de defunción = [[Madrid]]
|lugar de enterro = Cripta real do mosteiro do Escorial
|consorte =
|descendencia = [[Isabel II]] e [[María Luisa Fernanda de Borbón]]
|casa real = [[Casa de Borbón]]
|pai = [[Carlos IV]]
|nai = [[María Luísa de Parma]]
|firma = Firma de Fernando VII.png
|escudo = Escudo de Carlos III de España Toisón y su Orden variante leones de gules.svg
}}
'''Fernando VII de España''', alcumado o "desexado" e tamén "o felón"<ref>{{Cita web|url=http://www.nuevatribuna.es/articulo/cultura---ocio/fernando-vii-felon/20141210105141110157.html|apelidos=Fayanas Escuer|nome=Edmundo|data-publicación=10-12-2014|páxina-web=nuevatribuna.es|título=Fernando VII, el felón|data-acceso=28-10-2017}}</ref> nado en [[San Lorenzo de El Escorial]] o [[14 de outubro]] de [[1784]]<ref>{{Cita libro|título=Historia de la vida y reinado de Fernando VII de España|apelidos=|nome=|editorial=Imprenta de Repullés|ano=1842|ISBN=|volume=Tomo I|lugar=Madrid|páxina=6|ref=}}</ref> e finado en [[Madrid]] o [[29 de setembro]] de [[1833]], foi rei de [[España]], fillo de [[Carlos IV de España|Carlos IV]] e de [[María Luísa de Parma]].
 
O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o [[absolutismo]] herdado e defendido por el e as novas [[liberalismo|ideas liberais]]. De feito herdou un país dividido pola [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]] e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas [[Guerras Carlistas]].
Liña 34:
Durante a etapa da súa formación destaca, pola influencia posterior no seu reinado, o cóengo Escoiquiz, principal artífice da [[Proceso de El Escorial|Conspiración de El Escorial]], foi durante varios anos o seu preceptor, e quen lle meteu a desconfianza e un feroz odio a seus pais e a [[Manuel Godoy|Godoy]] por manipulalos ao seu capricho<ref name="cervantesvirtual.com">http://www.cervantesvirtual.com/bib/historia/monarquia/fernando7.shtml</ref>.
 
En outubro de [[1802]] casou coa súa prima [[María Antonia de Nápoles]], que chorou de desesperación a primeira vez que o veu, debido ao seu "horrible aspecto". Co tempo, a súa esposa colleulle cariño, pero a princesa faleceu en 1806<ref>http://www.buscabiografias.com/biografia/verDetalle/8998/Fernando%20VII%20de%20Espana</ref> sen deixar descendencia.
 
== Chegada ao trono ==
Liña 43:
En marzo de [[1808]], coa presenza de tropas francesas no territorio español, a corte real trasladouse a [[Aranjuez]], como parte dun plan de Godoy para trasladar a familia real a América. O día 17 dese mesmo mes, o pobo ataca o pazo do Príncipe da Paz. Aínda que Carlos IV salvou a vida do seu favorito, tivo que abdicar en Fernando o 18 de marzo, estes feitos son coñecidos como "Motín de Aranjuez".
 
Tras este motín, Fernando volveu á Corte, onde foi aclamado polo pobo de Madrid. Porén, as tropas francesas xa ocuparan Madrid o día anterior ([[23 de marzo]]). O destronado rei Carlos e a súa dona pasaron a estar baixo protección de [[Napoleón]]. Este invitou a Fernando a reunirse con el, ao que accedeu con esperanza de que o emperador o apoiase como rei de España. Nun principio a reunión ía ser en España, pero logo pasou a celebrarse en [[Baiona, Francia|Baiona]]. Chegaron a Baiona o 30 de abril, mentres que en Madrid o pobo comezaba a loitar contra os franceses. Os fitos do 2 de maio de [[1808]] marcan o inicio da [[Guerra da Independencia española]].
 
===Abdicacións de Baiona ===
Durante a reunión en Baiona, Carlos IV afirma que a renuncia ao trono producida tras o "Motín de Aranjuez" era nula, polo que pedía que lle foran devoltos os seus dereitos como rei, pero logo cédellos a Napoleón a cambio de asilo político en [[Francia]] así como unha pensión de 30 millóns de reais anuais. Cando chegaron a Baiona as noticias de que Madrid se levantara en contra dos franceses, Napoleón ordenou a Fernando que recoñecese ao seu pai como lexítimo, a cambio dun castelo e 4 millóns de reais de pensión anual, aceptou. A coroa de España recaeu en Napoleón, o cal lla deu ao seu irmán JoséXosé Bonaparte que reinaría como [[Xosé I de España|Xosé I]]. Este complicado traspase da coroa española coñécese como ''"[[Abdicacións de Baiona]]"''.
 
Estas abdicacións no son soamente un cambio político de dinastía, senón que Napoleón proclama que España encóntrase fronte a un cambio de réxime, cos beneficios dunha constitución sen necesidade dunha revolución. Napoleón convocou unha reunión de notables españois en Baiona (supuxo un fracaso para Napoleón posto que soamente acudiron á cita 75 dos 150 notables), esta reunión coñeceríase máis tarde como ''"La Junta española de Bayona"'', nas nove sesións desta xunta debateuse o proxecto de Napoleón para unha nova constitución española que se aprobou en xullo de [[1808]] denominada [[Estatuto de Baiona|Constitución de Baiona]] ou Estatuto de Baiona.
 
Mentres, Fernado viu como Napoleón non cumpría a súa parte e internou a Fernando co seu irmán Carlos e o seu tío Antonio no castelo de Valençay. Fernando permanecería alí até o final da [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]]<ref>http://www.boadilla.com/pages/fernando7.htm</ref>.
 
Non obstante, a condición de prisioneiro de Napoleón creou en Fernando o mito de "O desexado", vítima inocente da crueldade napoleónica. Incluso as cortes de [[Cádiz]] que aprobaran a constitución de [[1812]] vían que Fernando VII era o lexítimo herdeiro da coroa española.
Liña 56:
=== Regreso a España ===
[[Ficheiro:Fernando de Borbón, príncipe de Asturias.jpg|miniatura|esquerda|Fernando VII cando era Príncipe de Asturias ([[Metropolitan Museum of Art]], New York)]]
En decembro de 1813 Napoleón firmou a paz con Fernando, no denominado [[Tratado de Valençay]], e Fernando quedou en liberdade<ref name="cervantesvirtual.com"/>. Fernando volvería a España en 1814, evitando ir a Madrid, onde tería que asinar a [[Constitución española de 1812|Constitución de 1812]]. Faino por terras de [[Xirona]] e dende alí dirixiuse a [[Valencia]], buscando apoios para gobernar de forma absolutista.
 
Nada máis chegar a España atopa apoios e invitacións para gobernar como un rei tirano e absoluto: o do [[Xeneral Elio]], que puxo o exército ao seu dispor (é o primeiro pronunciamento da historia de España<ref>{{Cita libro|título=Ejército y sociedad en la España liberal (1808-1936)|apelidos=Payne|nome=Stanley G.|editorial=Akal|ano=1977|ISBN=84-7339-215-9|páxinas=14-15|ref=}}</ref>) e o dunha serie de deputados que lle presentan o ''[[Manifesto dos persas|Manifesto dos Persas]]'', no que os 69 deputados pedíanlle ó rei a volta ó absolutismo. Ademais disto, lembramos que Fernando VII contaba co apoio e simpatía do pobo.
 
O rei decide entón restaurar o absolutismo asinando un decreto o [[4 de maio]] de [[1814]] polo que se declaraba nulo o decreto das cortes e a [[Constitución española de 1812|Constitución]] promulgada en Cádiz anen 1812.
 
== Reinado ==
Liña 70:
En [[1816]] Fernando casou por segunda vez coa súa sobriña [[María Isabel de Braganza]] con quen tivo unha filla que morreu aos poucos meses, en [[1818]] morrería Isabel. Ao ano seguinte, casa por terceira vez con [[Josefa Amalia de Saxonia]] coa que tampouco tivo fillos.
 
Dende o ano [[1814]] producíranse en España intentos de Golpegolpes de Estadoestado fracasados, estes intentos, acabaron en sangue:
* Pronunciamento de [[Francisco Espoz y Mina|Espoz y Mina]] en [[Pamplona]], en setembro de 1814.
* Pronunciamento de [[Juan Díaz Porlier]], en setembro de 1815, polo que ó fracasar foi aforcado.
* [[Conspiración do Triángulo]], tramada por un grupo de masóns, que pretendían secuestrar ó rei para obrigarlle a xurar a Constitución.
* Pronunciamento dos xenerais [[Lacy]] e [[Miláns del Bosch]] en [[Barcelona]].
* Conspiración de Valencia de 1819.
 
===Trienio liberal (1820-1823)===
{{Artigo principal|Trienio liberal}}
O [[1 de xaneiro]] de [[1820]], o tenente coronel [[Rafael del Riego]] sublévase en [[Cabezas de San Juan]] contra o réxime absolutista cunhas tropas que agardaban para ser embarcadas cara a [[América]]. O levantamento triunfou cando o exército enviado polo goberno se amotinou en [[Ocaña, Toledo|Ocaña]].
 
Co triunfo dos liberais suprímese o absolutismo, quedando Fernando VII como rei tras ser obrigado a xurar a Constitución de 1812 ([[9 de marzo]] de [[1820]]). Famosa é a súa frase de ''"Marchemos todos, y yo el primero, por la senda de la Constitución"''.
Liña 107:
 
== Sucesión ==
Desde 1713 estaba en vigor a [[Lei Sálica]], que impedía reinar ás mulleres. En 1789, as Cortes aprobaron unha Pragmática Sanción que a derrogaba, pero esta no foi publicada ata 1830, cando o Rei, no seu cuarto matrimonio, con [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias|María Cristina de Borbón]], esperaba un sucesor. Pouco despois, naceu a princesa Isabel. Na Corte formouse entón un grupo que defendía a candidatura ao trono do irmán do rei, Carlos María Isidro de Borbón, e negaba a legalidade da Pragmática, publicada en 1830.
 
En 1832, coa ocasión dunha grave enfermidade do Rei, cortesáns carlistas convenceron ao ministro [[Francisco Tadeo Calomarde]] para que Fernando VII firmara un Decreto derrogatorio da Pragmática, que deixaba outra vez en vigor a Lei Sálica. Coa melloría do Rei, o Goberno, dirixido por [[Francisco Cea Bermúdez]], deu de novo vigor á Pragmática, co que á morte do Rei, o [[29 de setembro]] de [[1833]], quedaba, como herdeira, a súa primoxénita Isabel, que reinaría co nome de Isabel II<ref name="cervantesvirtual.com"/>. Aínda que a súa viúva María Cristina de Borbón, exerceu como rexente de España até que Isabel, chegase a maioría de idade para reinar.
 
==Valoración do seu reinado==
Liña 121:
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* Suárez Fernández, Luis (1981). ''Historia General de España y América. Del antiguo al nuevo régimen: hasta la muerte de Fernando VII''. Vol. XII. Madrid: Ed. Rialp. [[ISBN]] [[Especial:Fontes bibliográficas/84-321-2109-6|84-321-2109-6]].
 
=== Outros artigos ===