Knossos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 6:
Entre os achados máis importantes están os [[fresco]]s que decoran as [[parede]]s. Estas [[pintura]]s sofisticadas mostran unha grande civilización que vivía con luxo. As súas vestimentas non semellan herdadas de ningunha civilización coñecida. Os vestidos femininos tiñan cinturas finas e unha distinta cor [[azul]], indicando comercio cos [[fenicia|fenicios]]. Os murais retrataban competicións atléticas (posibelmente un ritual de madureza) en que a xente nova practicaba acrobacias montados en [[vaca|bois]].
 
A complexidade da distribución interior do Palacio de Cnosos deu nacemento á lenda do [[Labirinto]] e o [[Minotauro]]. O Palacio era de planta cadrada de 150 m de lado. Na banda norte estaba a entrada principal e achegábase a un patio central. A banda oeste era onde se atopaba a Sala do Trono, que era a peza central do palacio. Tiña unha grande cadeira de pedra arrodeada de cadeiras máis pequenas e todas protexidas dende as súas costas por pinturas con [[grifón]]s, tema recorrente nas civilizacións orientais (en [[Exipto]], as [[esfinxe]]s, en [[Mesopotamia]] os touros alados sirios e babilónicos). Como os reis eran ao mesmo tempo sacerdotes, é fácil supor que o palacio era tamén templo ou santuario. Tras as estancias cerimoniais, atopábanse os almacéns, nos que había cofres de pedra soterrados no chan. Algúns dos cuartos tiñan as súas paredes cubertas de [[chumbo]], suponse que para evitar as humidades. Na parte leste evidénciase moi claramente a construción en forma de chanzos do pazo, xa que esta está construída nunha chaira do outeiro e ten até tres andares por baixo do nivel do patio, onde se atopaban os apousentos da familia real, os servizos (baños) e seguramente tamén estivese a Cámara do tesouro e diversas estancias que poderían ser almacéns, entre as que descorría un tortuoso corredor. A norte do patio central distribuíanse os artesáns, a escola dos escribas e outras dependencias. Tamén había un tanque que se especula con que fose un [[Acuario (recipiente)|acuario]].pili mola.
 
== Galería de imaxes ==