Restauracionismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Cambiouse "San" por "Santo" nos nomes que empezan por "H", xa que o criterio de "San" antes de consoante é fonético e non ortográfico. Iguálase así con outros usos neste mesmo sentido na wikipedia en galego.
Liña 70:
Os mormóns son o que atribúen unha antigüidade maior á apostasía, situándoa antes da morte do último dos doce apóstolos de Cristo, en torno ao ano [[100]]. Cunha data tan temperá libéranse da necesidade de conciliar os seus ensinos coas prácticas e escritos coñecidos da [[cristianismo primitivo|igrexa primitiva]] e dos [[Pai da Igrexa|pais da Igrexa]] posto que os consideran xa apóstatas.
 
Os sabatistas coinciden en xeral en que a data aproximada de [[135]] d.C. supón o inicio da apostasía. San [[Xustino Mártir]], en torno ao [[160]] d.C., apoiara de forma explícita o culto en [[domingo]] de modo que os sabatistas considérano un apóstata. Con todo a Igrexa primitiva, en tempos de [[Hipólito, de Romaantipapa|SanSanto Hipólito]], rexistraba unha observancia continuada do [[Sabbath]] ([[sábado]]) como celebración da [[creación]], e do domingo conmemorando a [[Resurrección]]. Consideran que a apostasía non foi completa ata que a Igrexa deixou de observar o sábado algún tempo logo de [[Constantiño I o Grande|Constantiño o Grande]].
 
O [[Movemento de Restauración]] de Stone e Campbell considera que a Gran Apostasía foi un proceso gradual. Sobre o ano [[100]] d.C. [[Ignacio de Antioquía]] impulsou a obediencia aos [[bispo]]s, cousa que algúns consideran o inicio da idea dun clero profesionalizado que empezou a situarse nunha posición por encima dos crentes, iniciando un proceso de corrupción gradual que desembocaría no "''home de [[pecado]]''" que sería profetizado. O [[bautismo infantil]], condenado polos restauracionistas como unha medida de inclusión na Igrexa pola forza, sería outro paso cara á apostasía. Estes cren que, polo menos ata a época de [[Tertuliano]], só se practicaba o bautismo de persoas adultas, habéndose introducido de forma moi localizada o bautismo de nenos ao redor da época de San [[Ireneo de Lyon|Ireneo]]. Os campbelitas con frecuencia non admiten visións do [[pecado orixinal]] que impliquen unha corrupción da mesma natureza humana, senón que só admiten que se produciu o malogramento da cultura, tradicións ou contorna habituais da humanidade. Do mesmo xeito que outros restauracionistas, consideran que mediante a alianza entre a Igrexa e o Estado no reinado de [[Constantiño I o Grande|Constantiño]], a Igrexa quedou cativa grazas ao poder excesivamente centralizado dos bispos. Finalmente o rexurdimento da idea de supremacía e autoridade universal do [[bispo de Roma]] contémplase como elemento que completaría o cadro da Gran Apostasía, do cal a [[reforma protestante]] sería só unha emenda incompleta pero que daría froitos próximos ao perfecto nos [[anabaptista]]s e os [[bautista]]s.