Homero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 18:
'''Homero''' (en [[grego antigo]] Ὅμηρος ''Hómēros''; [[circa|''c.'']] [[século -VIII|século VIII a. C.]]), é o suposto autor das obras literarias máis antigas coñecidas en Europa, os poemas orais [[Poesia épica|épicos]] a ''[[Ilíada]]'' e a ''[[Odisea]]''. Considerado o pai da cultura [[Grecia|grega]], foi o primeiro gran poeta [[Grecia|grego]] que consagrou o xénero, ademais consérvanse del a épica menor cómica ''[[Batrachomyomachia]]'' (literalmente:"A batalla das rás e dos ratos») e os corpus dos [[himnos homéricos]].
 
É difícil establecer con certeza se Homero foi un individuo histórico ou unha identidade construída, e se é o autor das dúas célebres epopeas que son os alicerces da literatura occidental. Todo isto é o tratado na [[cuestión homérica]]. Malia isto, numerosas vilas [[Xonia|xónicas]] ([[Quíos]], [[Esmirna]], [[Cime]] ou mesmo [[Colofón]]) dispútanse a orixe do aedo. Por outra banda, a tradición individualízao ó atribuírlle que era [[cegueira|cego]].
 
== Etimoloxía ==
Liña 24:
O nome ''Hómēros'' é unha variante [[grego xónico|xónica]] do [[grego eólico|eólico]] ''Homaros''. O seu significado é ''refén'', ''prenda'' ou ''garante''. Hai unha teoría que sostén que o seu nome provén dunha sociedad de poetas chamados os ''Homēridai'', que literalmente significa ‘fillos de reféns’, é dicir, descendentes de prisioneiros de guerra. Xa que estes homes non eran enviados á guerra ó dubidarse da sía lealdade no [[campo de batalla]], non morrían nel. Polo tanto, confiábaselles a tarefa de recordar a poesía épica local, para lembralos sucesos pasados, nos tempos anteriores á aparición da literatura escrita.
Tamén se suxeriu que ooo que podería conter o nome ''Hómeros'' é un xogo de palabras derivado da expresión ''ho me horón'', que significa ''o que non ve''.
 
== Traxectoria ==