Escola de Tradutores de Toledo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 15:
A riqueza das [[biblioteca]]s toledanas en libros [[lingua árabe|árabes]] e o coñecemento desta lingua por parte dos cristiáns mozárabes impulsárono a recuperar textos perdidos da [[Antigüidade clásica]] e a fomentar a transmisión dos importantes avances da Escola Toledana en [[medicina]], [[álxebra]] e [[astronomía]]; este empeño cristalizou na tradución de numerosas obras do árabe ao [[lingua castelá|castelán]], e do castelán ao [[latín]] (ou directamente do árabe ou do [[lingua grega|grego]] ao latín) e, pouco a pouco, deu a coñecer tamén a importante [[filosofía|filosofía árabe]] e [[hebreo|hebrea]] de orientación [[Aristóteles|aristotélica]], o que supuxo unha renovación radical da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]] europea.
 
No [[século XII]] a Escola de tradutores de Toledo verteu principalmente textos filosóficos e teolóxicos (Domingo Gundisalvo interpretaba e escribía en latín os comentario de [[Aristóteles]] que o xudeu converso JuanXoán Hispano lle traducía ao castelán, no que se entendían).
 
Na primeira metade do [[século XIII]] esta actividade mantívose. Por exemplo, reinando [[Fernando III de Castela|Fernando III]], [[reino de Castela|rei de Castela]] e de [[Reino de León|León]], compúxose o ''Libro dos Doce Sabios'' ([[1237]]), resumo de sabedoría [[política]] e [[moral]] clásica pasada por mans ''orientais''. Na segunda metade do [[século XIII]] o Sabio rei-emperador [[Afonso X]] (rei de Castela e de León, en cuxa corte se compuxo a primeira ''Crónica Xeral de España'') institucionalizou en certa maneira en Toledo esta Escola de tradutores, centrada sobre todo en verter textos [[Astronomía|astronómicos]] e [[Medicina|médicos]].