Diferenzas entre revisións de «Doríforo»

m
engado referencias
(engado caixa de modelo)
m (engado referencias)
}}
 
O '''Doríforo''' (en [[Lingua grega|grego]] δορυφόρος, ''Doryphóros'', "o portador de lanza") é unha [[estatua]], orixinalmente de [[bronce]], atribuída ao escultor grego [[Policleto]] realizada, probablemente entre o 450a.C e o 440 a.C. Unha copia [[Roma antiga|romana]] de [[mármore]] de 2.12 metros atópase no [[Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles]], [[Italia]]
 
== Descrición ==
Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta unha lanza ou xavelina na man esquerda. Considérase que Policleto realizou esta obra como oilustración arquetipodun delibro [[Canonescrito por el titulado Kanon (artemodelo en grego)<ref>{{Cita libro|canon]]título=Escultura Barroca Española. Entre el Barroco y el siglo XXI|apelidos=Fernández Paradas|nome=Antonio|editorial=Exlibric|ano=2016|ISBN=9788416110797|volume=Vol.1|formato=EPUB - DRM|ref=}}</ref> no que se refería á simetría e as proporcións. O libro expresaba o arquetipo ou modelo perfecto, polo seu estudio matemático das [[proporcións]] ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza<ref>{{Cita libro|título=Léxico de Arte|apelidos=Lajo|nome=Rosina|editorial=Akal|ano=2001|ISBN=84-460-0924-2|edición=4ª ed.|lugar=Madrid|páxina=65|ref=}}</ref>, a cal se dividía en tres partepartes iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man; a perna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man etc.
 
O corpo é concibido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no bordo dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren [[Volume (magnitude)|volume]]. Outra achega importante do Doríforo é a posición da figura, pois [[Policleto]] acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o [[contraposto]], que lle dá efecto de [[profundidade]]. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia.
 
O Doríforo exerceu moita influencia na estatuaria grecorromana, pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na posterior [[escultura]] moderna, xa a partir do Século XV.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Doryphoros}}
14.130

edicións