Tecnoloxías da información: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 10:
 
== Historia dos ordenadores ==
Xa hai miles de anos que se utilizaron dispositivos para axudarse nos cálculos, probablemente o primeiro dispositivo en forma de [[pau de reconto]].<ref name="Schmandt-Besserat">{{cita libro|apelido=Schmandt-Besserat |nome=D. |título=Decipherment of the earliest tablets |editorial=Science |ano=1981 |volume=211 |exemplar=4479 |páxinas=283-285 |doi=10.1126/science.211.4479.283 |pmid=17748027}} </ref> O [[mecanismo de Anticitera]], que data de principios do primeiro século a.C., considérase xeralmente o [[computador analóxico]] mecánico máis temperán; tamén é o primeiro mecanismo movido por engrenaxes coñecido.{{sfn|Wright|2012|p=279}} Dispositivos con engrenaxes comparables non apareceron en Europa ata o século XVI,{{sfn|Childress|2000|p=94}} e non foi ata o 1745 que se desenvolveu a primeira calculadora mecánica capaz de resolver as catro operacións aritméticas básicas.{{sfn|Chaudhuri|2004|p=3}}
 
Os computadores electrónicos, utilizando tanto relés como válvulas, empezaron a aparecer a principios da década dos 1940. O electromagnético [[Zuse Z3]], rematado en 1941, foi o primeiro ordenador programable do mundo, e polos estándares modernos unha das primeiras máquinas que poden ser consideradas unha máquina computadora completa. O [[Colossus]], desenvolvido durante a Segunda Guerra Mundial para descifrar as mensaxes [[Alemaña Nazi|alemáns]] foi o primeiro computador [[electrónica|electrónico]] [[Sistema dixital|dixital]]. A pesar de que era programable, non servía para múltiples tarefas, só servía para unha soa. Tampouco podía almacenar o programa na súa memoria. No canto disto, a programación realizábase utilizando enchufes e interruptores para alterar a conexión interna.{{sfn|Lavington|1980|p=}} O primeiro [[computador de programa almacenado|computador moderno dixital que podía almacenar programas]] foi a [[SSEM|Máquina Experimental de Pequena Escala de Manchester]] (SSEM), que executou o primeiro programa o 21 de xuño de 1948.<ref name="Enticknap">{{cita libro|apelido=Enticknap |nome=Nicholas |título=Computing's Golden Jubilee |editorial=The Computer Conservation Society |data=verán de 1998 |url=http://www.cs.man.ac.uk/ccs/res/res20.htm#d |issn=0958-7403 }}</ref>
Liña 33:
 
=== Sistema de apoio á toma de decisións ===
O concepto de sistema de apoio ás decisións (DSS polas súas siglas en inglés ''Decision support system'') é moi amplo, porque hai moitos enfoques para a toma de decisións e debido á extensa gama de ámbitos nos cales se toman. Estes sistemas de apoio son do tipo [[OLAP]] ou de [[minaría de datos]], que proporcionan información e apoio para tomar unha decisión.
 
Un DSS pode adoptar moitas formas diferentes. En xeral, podemos dicir que un DSS é un sistema informático utilizado para servir de apoio, máis que automatizar, o proceso de toma de decisións. A decisión é unha elección entre alternativas baseadas en estimacións dos valores destas alternativas. O apoio a unha decisión significa axudar ás persoas que traballan soas ou en grupo a reunir intelixencia, xerar alternativas e tomar decisións. Apoiar o proceso de toma de decisión implica o apoio á estimación, a avaliación e/ou a comparación de alternativas. Na práctica, as referencias a DSS adoitan ser referencias a aplicacións informáticas que realizan unha función de apoio.<ref>Alter, S. L. (1980). Decision support systems: current practice and continuing challenges. Reading, Mass., Addison-Wesley Pub.</ref>
Liña 43:
 
== Manipulación de datos ==
Hilbert e Lopez<ref name="HilbertLopez2011">[http://www.sciencemag.org/content/332/6025/60 "The World's Technological Capacity to Store, Communicate, and Compute Information"], Martin Hilbert e Priscila López (2011), [[Science]], 332(6025), 60-65; acceso gratuíto ó artigo en: martinhilbert.net/worldinfocapacity.html</ref> identifican o paso exponencial dun cambio tecnolóxico (un tipo de [[lei de Moore]]): a capacidade das máquinas de ser aplicadas especificamente para computar información ''[[per capita]]'' dobrouse aproximadamente cada 14 meses entre o 1986 e o 2007; a capacidade ''per capita'' dos computadores globais de propósitos xerais dobrouse cada 18 meses durante as mesmas dúas décadas; a telecomunicación global ''per capita'' dobrouse cada 34 meses; a capacidade ''per capita'' de almacenamento mundial tardou aproximadamente 40 meses en dobrarse (cada 3 anos); e a información de emisións ''per capita'' dobrouse cada 12,3 anos.<ref name="HilbertLopez2011"/>
 
Almacénanse cantidades masivas de datos en todo o mundo cada día, pero a non ser que se poida analizar e presentar efectivamente, reside esencialmente no que se denominan tumbas de datos: "arquivos de datos que se visitan raramente".{{sfn|Han|Kamber|Pei|2011|p=5}} Para solucionar este problema, apareceu o campo de [[minaría de datos]]&nbsp;– "o proceso de descubrir patróns interesantes e coñecidos a partir de grandes cantidades de datos"{{sfn|Han|Kamber|Pei|2011|p=8}}&nbsp;– a finais da década de 1980.{{sfn|Han|Kamber|Pei|2011|p=xxiii}}
Liña 54:
* Bases de coñecemento lexibles por humanos, deseñadas para permitir ás persoas acceder ao coñecemento que conteñen, principalmente para propósitos de aprendizaxe. Estas son comunmente usadas para obter e conducir coñecemento explícito das organizacións, inclúen artigos, [[libro branco|libros brancos]], manuais de usuario e outros. O principal beneficio que achegan as bases de coñecemento é proporcionar medios de descubrir solucións a problemas xa resoltos, os cales poderían ser aplicados como base a outros problemas dentro ou fóra do mesma área de coñecemento.
 
O aspecto máis importante dunha base de coñecemento é a calidade da información que esta contén. As mellores bases de coñecemento teñen artigos coidadosamente redactados que se manteñen ao día, un excelente sistema de recuperación de información (motor de procura), e un delicado formato de contido e estrutura de clasificación. Unha base de coñecemento pode usar unha [[ontoloxía]] para especificar a estrutura (tipo de entidades e relacións) e o seu esquema de clasificación. Unha ontoloxía, xunto cun grupo de instancias das súas clases constitúen unha base de coñecemento.<ref> {{cita web|url=http://protege.stanford.edu/index.html|título= Protégé, an open source ontology editor and knowledge-basee framework|dataacceso= 31 de maio de 2013}}</ref>
 
== Perspectiva académica ==